Sobre IES Sánchez Cantón
Descripción del centro
O noso Instituto chámase Sánchez Cantón desde 1973.
¿Quen foi este ilustre pontevedrés que morrera dous anos antes?
Francisco Javier Sánchez Cantón naceu en Pontevedra en 1891 e morreu na mesma cidade en 1971. Estudiou no instituto e logo Filosofía e Letras en Madrid. Foi moitos anos director do Museo del Prado de Madrid.
Prologou en galego obras de Cabanillas e Portela Paz, promoveu publicacións en galego e investigou temas literarios, biográficos, artísticos e históricos. Escribiu mais de oitocentos títulos, sobre todo referentes a museos e pintores. Viaxeiro incansable, pronunciou conferencias en moitas universidades e foi membro de diferentes academias.
Colaborou con múltiples institucións pontevedresas (Coral Polifónica...) e participou en multitude de actividades. Dirixiu persoalmente a coidadísima edición do álbum Nós de Castelao. Entre os dous imaxinaron as coleccións, os contidos e mesmo a restauración de elementos arquitectónicos do edifico do Museo de Pontevedra, porque foi un dos seus fundadores e a este museo lle doou o seu arquivo e biblioteca.