Convocatoria Oposición a Auxiliar de policía local
convocatoria cerrada
en Ayuntamiento de Carballo
Descripción de la oposición
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de seis AUXILIARES DA POLICIA LOCAL, a través do procedemento de selección que se sinala nestas bases, de conformidade co disposto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
Más detalles para Oposición a Auxiliar de policía local
Requisitos
a) Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos previstos no artigo 57 da Lei 7/2007. Así mesmo poderán participar, en igualdade de condicións ca os españois, os extranxeiros con residencia legal en España.
b) Ter máis de 18 años e non cumpridos os 58 anos de idade.
c) Estar en posesión da titulación esixible para o acceso como funcionario ao grupo C2 (educación secundaria obligatoria, graduado escolar ou equivalente), ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, ou outros superiores.
d) Ter unha estatura mínima de 1’65 metros os homes, e 1’60 as mulleres.
e) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais e funcións correspondentes ao posto de traballo para o que se opta aspira.
f) Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo nas administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, no obstante, o beneficio de rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
g) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.