Descripción de la oposición
Publicación das bases dunha praza de delineante, proceso de consolidación C.E. 54/08, aprobadas polo tenente de alcalde delegado de persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local de data 11 de maio de 2011.
- Estar en posesión do título de técnico na rama de delineación, de conformidade co establecido na normativa vixente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
Temario
ANEXO II
PARTE XERAL
TEMA 1.–A Constitución Española de 1978. Estrutura. Título preliminar. Reforma constitucional.
TEMA 2.–O Estatuto de Autonomía de Galicia. As institucións da Comunidade Autónoma: o Parlamento. O Consello da Xunta. O presidente.
TEMA 3.–O procedemento administrativo: Iniciación, ordenación, instrución e terminación.
TEMA 4.–Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Os recursos ordinarios.
TEMA 5.–Municipios de gran poboación: o alcalde. Competencias. Forma de elección e cesamento. Os tenentes de alcalde. A Xunta de Goberno Local: composición e atribucións. O Concello Pleno. Composición e competencias. As comisións informativas.
TEMA 6.–A Lei 7/2007 do 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público. Clases de funcionarias/os. Situacións administrativas. Réxime disciplinario.
8.–Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.
O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das seguintes fases:
FASE DE CONCURSO
Será previa á de oposición, non eliminatoria e non poderá terse en conta para superar a fase de oposición. Para a devandita fase os aspirantes presentarán (conxuntamente coa solicitude para tomar parte no proceso selectivo e a carta de pagamento acreditativa de aboar o importe dos dereitos de exame), unha relación dos méritos que aleguen, enumera dos segundo a orde establecida no anexo I.
Á devandita relación acompañaranse os seus documentos xustificativos, orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos, o dia de finalización do prazo de presentación de instancias.
(...)
Puedes ver más información sobre el proceso selectivo en el boletín oficial
boletín oficial (Pág. 64)
Puedes ver más información sobre el proceso selectivo en el boletín oficial
boletín oficial (Pág. 64)