Fase de oposiciónA fase de oposición consistirá na realización de dous exercicios .
Realizarase unha proba tipo test que consistirá en responder un cuestionario de 30 preguntas sobre os contidos dos programas que figuran no anexo II da convocatoria.
O tempo máximo para a realización deste exercicio será de trinta e cinco minutos.
O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos.
As puntuacións faranse públicas unha vez rematada a corrección dos exercicios.
As/os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal.
O exercicio realizarase a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas opositoras, os membros do tribunal e as persoas colaboradoras que este último designe.
As/os aspirantes non poderán acceder ao recinto do exame provistos de teléfono móbil, axenda ou demais dispositivos de carácter electrónico.
Aquelas persoas que non puideren acreditar o coñecemento da lingua galega mediante o certificado de realización do curso de perfeccionamento de lingua galega deberán realizar unha proba escrita consistente na redacción dun texto en galego sobre un tema que previamente designe o tribunal e cunha duración máxima de 30 minutos.
Aquelas persoas que non puideren acreditar o coñecemento da lingua galega mediante o certificado de realización do curso de iniciación de lingua galega deberán realizar unha proba escrita consistente na traducción dun texto en galego sobre un tema que previamente designe o tribunal e cunha duración máxima de 30 minutos.
A proba de lingua galega realizarase a continuación do exercicio e no caso de non ser superada terá como consecuencia o remate do proceso selectivo para a persoa candidata, con arranxo ao indicado na base I das presentes bases.
(...)
Puedes ver más información sobre el proceso selectivo en el boletín oficial
boletín oficial (Página 6)