V.- Fase de oposición.Constará de tres exercicios:Primeiro exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estime o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases. O cuestionario será determinado polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada, non se puntuarán as non contestadas.
O órgano de selección, trala análise número e nivel de coñecementos das e dos aspirantes presentados, poderá establecer unha puntuación mínima ou nota de corte para superar este exercicio, puntuación que en ningún caso poderá ser inferior a cinco puntos. O acordo que se adopte ao respecto deberá ser publicado e constará na correspondente acta. As e os aspirantes deberán informados de tal extremo.
Segundo exercicio.- Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.Consistirá en resolver un suposto práctico ou realizar as tarefas que proporá o órgano de selección, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que este estableza en función da natureza da proba.
Terceiro exercicio.- De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base 10ª das xerais. A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base10ª das xerais.
Puedes ver más información sobre el proceso selectivo en el boletín oficial
boletín oficial (Pág. 90)