Más detalles para Concurso-oposición a Personal de servicios generales
Requisitos
Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa.
Posuí-la nacionalidade española ou dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, ou ser nacional dalgún Estado ó que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar o cónxuxe dos anteriores sempre que non estén separados de dereito, así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.
Ter aboados os dereitos de admisión ó proceso.
Estar en posesión da titulación requerida na convocatoria para poder optar á categoría ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes. No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
Non estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas, nin separado mediante expediente disciplinario de calquera das administracións públicas. Os aspirantes que non teñan nacionalidade española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
Posuí-la capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven da correspondente contratación. Se no desenvolvemento do proceso selectivo a comisión de selección tivese dúbidas respecto da capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das funcións correspondentes ós postos de traballo convocados, poderá solicitar o correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.
Temario
Proceso selectivo
Procedemento de selección:
Todos os candidatos que acudan á realización das probas deberán presentar o orixinal do D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir. No caso de non presentar ningún destes documentos non poderán realizar as mesmas. Todos os candidatos convocados que non se presenten, quedarán inescusablemente rexeitados do proceso.
Os aspirantes serán chamados para a realización dos exercicios nun chamamento único, sendo excluidos do proceso aqueles que non comparezan. En todo caso, para garantir a unidade de acto, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.
O procedemento de selección será o concurso-oposición e en ningún caso se celebrará antes dun mes desde a publicación da presente convocatoria.
(...)
Puedes ver más información sobre el proceso selectivo en el boletín oficial
boletín oficial (Página 5)