Descripción de la oposición
Acórdase a convocatoria dunha praza pertencente ao Cadro de Persoal de postos de traballo reservados a funcionarios de carreira, Administración Especial, Subescala de Servicios Especiais, clase Policía Local.
Más detalles para Concurso-oposición a Policia local
Requisitos
a) Posuir a nacionalidade española.
b) Estar en posesión da Titulación exisible para o acceso como funcionario do grupo C1, consonte a normativa de función pública ou curso ofertado pola resolución 21 de decembro do 2007 para a dispensa dun grao na titulación (bacharel) segundo o disposto na disposición adicional segunda da Lei 4/2007 de 20 de abril de Coordinación de Policías Locais de
Galicia.
c) Ter a condición de Auxiliar de Policía Local, con una antigüidade mínima de tres anos no Concello de Cariño, no momento de presentación de instancias, e que no momento de entrada en vigor da Lei 4/2007 de 20 de abril de Coordinación de Policías Locais de Galicia, estiveran prestando servizos de Auxiliar de Policía Local no Concello de Cariño.
d) Ser titular dos permisos de conducir das clases A e B con BTP na data en que remate o prazo de presentación de instancias, comprometéndose, mediante declaración, a mantelos vixentes mentres permaneza en servicio activo.
e) Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas nin separado/a do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, non obstante o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o/a aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
f) Xunto coa solicitude de presentación, achegarase igualmente una declaración xurada do compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas nos caso e circunstancias legalmente establecidas.