a) No Concello de Allariz: 1,5 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 15 puntos.A experiencia profesional deberase acreditar mediante a certificación do secretario municipal ou da persoa responsable correspondente da área ou departamento de persoal. Xunto á certificación achegarase un informe expedido pola persoa responsable correspondente da área ou departamento de persoal onde se prestaron os servizos no que se describan as funcións desempeñadas no/s período/s contratado/s.
b) Noutras administracións públicas: 0,75 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 7,5 puntos.