Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica

Postgrado

En Santiago de Compostela

Precio a consultar

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Descripción

  • Tipología

    Postgrado

  • Lugar

    Santiago de compostela

  • Duración

    19 Meses

Objetivo del curso: OBXECTIVOS: Formación, desde unha perspectiva eminentemente práctica, de profesionais altamente capacitados para o exercicio da Avogacía e da Procuradoría. Proporcionar contactos profesionais proveitosos para iniciarse na profesión xurídica e para futuras colaboracións, que permitan conseguir a inserción dos licenciados na vida laboral. Facilitar a quen careza dela, unha formación práctica no ámbito xurídico, complementaria aos estudos que ofrecen as facultades de dereito, así como unha primeira experiencia profesional. Dirigido a: Licenciados/as en Dereito e alumnado con algunha materia pendente.

Instalaciones y fechas

Ubicación

Inicio

Santiago de Compostela (A Coruña)
Ver mapa
Rúa Eduardo Pondal, 4, baixo, 15702

Inicio

Consultar

A tener en cuenta

Título universitario de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica

Preguntas & Respuestas

Añade tu pregunta

Nuestros asesores y otros usuarios podrán responderte

¿Quién quieres que te responda?

Déjanos tus datos para recibir respuesta

Sólo publicaremos tu nombre y pregunta

Opiniones

Materias

  • Administración pública y justicia
  • Administrativo
  • Funcionario público
  • Notario

Temario

Como é sabido, a Lei de acceso ás profesións de avogado e de procurador, pendente actualmente de desenvolvemento regulamentario, regula as condicións para a obtención do título profesional de avogado e o título profesional de procurador. A obtención dos ditos títulos profesionais será requisito imprescindible para a colexiación nos correspondentes colexios profesionais, e poder desa maneira desempeñar a asistencia letrada naqueles procesos xudiciais e extraxudiciais en que a normativa impoña ou faculte a intervención de avogado e, en todo caso, para prestar asistencia letrada ou asesoramento en Dereito utilizando a denominación de avogado; así como para desempeñar a representación legal das partes nos procesos xudiciais en calidade de procurador e aquelas outras actuacións que a normativa lles encomende aos procuradores dos tribunais.

A Lei de acceso (34/2006) condiciona o dereito a obter o título profesional de avogado e de procurador aos seguintes requisitos: a) estar en posesión do título universitario de licenciado/a ou de grao (que substituirá ao de licenciado) en Dereito; b) acreditar unha capacitación profesional específica obtida mediante a superación da correspondente formación especializada (e a avaliación da aptitude profesional ante unha comisión de composición plural), que haberá de ser impartida por universidades e colexios profesionais conxuntamente.

A Escola de Práctica Xurídica de Santiago é un Centro de Especialización Profesional creado en 1981 baixo a dependencia da Universidade e dos Ilustres Colexios de Avogados e de Procuradores da cidade, que exerce a súa actividade formativa en tres ámbitos: formación inicial para o exercicio das profesións de avogado e de procurador, formación continua e Practicum da Facultade de Dereito. A formación inicial canalízaa o Centro a través dos mencionados Estudos de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica, que é a única formación destas características impartida en Galicia en que se produce a colaboración universidade - colexios profesionais esixida pola Lei de acceso a partir de finais de 2011. Trátase ao mesmo tempo dun dos programas máis completos e de calidade de todos os que se imparten no Estado.

PLAN DE ESTUDIOS E METODOLOXÍA:

A formación abarca o adestramento en todas aquelas materias que un avogado ou procurador debe coñecer no exercicio do seu labor profesional, tratadas desde un enfoque eminentemente práctico (metodoloxía do caso real ou simulado, realización de escritos forenses, informes orais, tramitación simulada de xuízos, etc.), e impártense en instalacións modernas dotadas de aulas, despachos, salas de xuízos, con acceso a equipos informáticos, bibliotecas xurídicas, internet, etc.

As prácticas externas realizaranse nos servizos xurídicos de administracións públicas (catro meses), órganos xudiciais (dous meses) e despachos de avogados e procuradores (dez meses).

O Programa inclúe a realización de visitas de traballo a centros de detención e prisión, rexistros, notarías, etc., así como prácticas de consultoría xurídica e con avogados da quenda de oficio, tramitación simulada de xuízos, visitas a institucións xudiciais en Madrid e a institucións comunitarias en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo, etc.

AVALIACIÓN:

Avaliación continua a través de casos prácticos, escritos forenses, xuízos simulados, probas CAP, asistencia, informes dos profesionais-colaboradores, etc.

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica

Precio a consultar