desplegar Mi lista: 0 cursos
Home Masters Masters Más temáticas Masters Periodismo y comunicación Masters Comunicación - Más temáticas Master Especialización en Edición

Postgrado - Presencial

Duración

220 Horas

Dirigido a

Licenciados ou diplomados en calquera especialidade, especialmente os provenientes de Filoloxías, Hu... ver másmanidades e Ciencias Sociais.Profesionais que acrediten experiencia no sector editorial e teñan superado COU ou FPII.Non titulados que acaden o título antes de que acabe o ano académico correspondente ós estudios de especialización. Curriculum. Carta de presentación na que se relaten os intereses persoais para levar a cabo a realización ...

900€ IVA inc.

Beca. 1 bolsa (75% da contía da matrícula). A adxudicación de bolsas rexerase segundo o Regulamento de Es... ver mástudos de Posgrao e Formación Continua, aprobado por Xunta de Goberno o 22 de decembro de 1999.

Valoración  ¿qué es esto?
cerrar

emagister valora los cursos midiendo:

  • las opiniones de exalumnos verificados
  • la nota media de todos los cursos del centro
  • la descripción y los detalles del curso
  • la rapidez de respuesta del centro a los usuarios
  • el n° de matriculados a través de emagister
Valoración Especialización en Edición USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
  • opiniones exalumnos (0)
    opiniones Especialización en Edición USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
  • nota del centro
    valoración USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
  • descripción del curso
    descripción Postgrado Especialización en Edición USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua

opinar

Más cursos Tipo de Curso

Temática
Lugar
 

Matricula Cerrada

 

Detalles del curso

Tipo Postgrado Duración 220 Horas Antigüedad desde 2006 en emagister
Método / lugar contactar con el responsable Presencial
Certificado / Título Título Propio de Posgrado de la Universidad de Santiago de Compostela
Alumnos por clase 20
Dirigido a Licenciados ou diplomados en calquera especialidade, especialmente os provenientes de Filoloxías, Humanidades e Ciencias Sociais.Profesionais que acrediten experiencia no sector editorial e teñan superado COU ou FPII.Non titulados que acaden o título antes de que acabe o ano académico correspondente ós estudios de especialización.
Para qué te prepara O obxectivo do Curso de Especialización en Edición é proporcionar unha capacitación profesional cualificada, actual e completa no eido editorial, e isto pensando tanto en eventuais dedicacións laborais por conta allea coma por conta propia.
Requisitos
Curriculum. Carta de presentación na que se relaten os intereses persoais para levar a cabo a realización do Curso de Especialización en Edición
Precio 900€ IVA inc.
Beca + Facilidades
solicita aquí esta promoción

infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...

Cursos de Comunicación - Más temáticas (de otros centros)

 
Edición Independiente  3
Cálamo & Cran
Online - 320€
Atención garantizada
 
Programa de Dirección en Publicidad y Relaciones Públicas  3
ECOL Educación Continua On-Line
Online - Precio: Consultar  (Matrícula gratis)
Atención garantizada
 
Curso de Redacción y Estilo  2
Escuela de Escritores: Talleres Literarios
Online - 270€  (Descuento)
Atención garantizada
 
Curso Online de Voz y Comunicación en Público  3
Eduvoz Formación
Online - 200€  (Descuento)
Atención garantizada
 
Master en Edición  3
Instituto Universitario de Posgrado
Online - Precio: Consultar
Atención garantizada
« compara los cursos seleccionados

Temario

Especialización en Edición
  • Módulo I: Conceptos editoriais (Obrigatorio. Módulo I do Máster en Edición).

  • Módulo II. A edición textual (Obrigatorio. Módulo II do Máster en Edición).

  • Módulo III. Traballo fin de Curso de Especialización (Obrigatorio)

  • Módulo IV. Un módulo optativo que o alumno escollerá entre o resto dos módulos do Máster

Este curso forma parte del: Máster en Edición (M616)

Programa Master

Módulo I. Conceptos Editoriais

  • Antecedentes históricos do libro moderno. A invención da imprenta de tipos móbiles. A imprenta no século XVI. Pensar o libro. Fontes documentais da edición. Concepto de edición e editor. A empresa editorial. O mercado editorial. Tipoloxía da edición : Edición literaria e de ensaio. Literatura infantil e xuvenil. Libros de texto. Obras de referencia. Operacións especiais. Edición institucional e universitaria. Edición nos medios de comunicación.

Módulo II. A edición textual

  • O labor do editor. Partes, estrutura e nomenclatura do libro. O proceso editorial. Do orixinal ao libro. A tipoloxía e o estilo tipográfico. A lexibilidade tipográfica. A corrección editorial. Escritura científica, ortografía técnica e ortotipografía. A edición crítica e filolóxica de textos.

Módulo III. Produción editorial

  • Xeneralidades e nomenclatura en tipografía tradicional. Relacións editor-impresor. A filmación. Os fotolitos. A impresión: maquinaria. Impresión offset. Os novos tipos de impresión. CTP. O papel. Tipos. Gramaxes. A encadernación.

Módulo IV. O deseño en edición

  • Fundamentos do deseño en edición. Deseño de textos e deseño gráfico. Conceptos teóricos. Introdución a Adobe QuarkXpress. Introdución a Adobe Photoshop.

Módulo V. Edición dixital e multimedia

  • Concepto de edición dixital. O libro electrónico. Edición on-line e edición tanxible. O estándar PDF. Navegación en PDF. A World Wide Web. Concepto de hipertexto. O protocolo http. Conceptos básicos da linguaxe html. Usabilidade e arquitectura da información en edición dixital. Edición do código html. Introdución a Macromedia Dreamweaver. Deseño de imaxes vectoriais. Introdución a Adobe Illustrator. Creación avanzada de PDF. Introdución a Adobe Acrobat.

Módulo VI. Comercialización, distribución e promoción do libro

  • Organigrama comercial dunha editorial. A figura do comercial. O circuíto comercial do libro. A distribución editorial. O mercado libreiro. Relacións entre editor e libreiro. As novas formas de distribución. O editor-distribuidor e a distribución baixo demanda. A librería virtual. O catálogo editorial. Catálogo impreso e on-line. A comunicación editorial. Recursos promocionais. Desenvolvemento do website dunha editorial. As feiras do libro. A figura do axente literario.

Módulo VII. Economía e dereito editorial

  • Propiedade intelectual e dereito de autor. Dereito de autor e novas tecnoloxías. O Rexistro da Propiedade Intelectual. Sociedades de xestión. Tipoloxía mercantil da empresa. Análise e avaliación económica do proxecto empresarial. Economía editorial.

Módulo VIII. A edición en Galicia

  • Editar nunha sociedade bilingüe. Editar en linguas minorizadas. Perspectivas. Edición e tradución. Panorámica da edición de traducións ao galego. Historia do libro galego. Exportación e promoción do libro galego. Actualidade e perspectivas. O proxecto Biblos.

Módulo IX. Proxecto fin de Máster en Edición

Módulo X. Prácticas tuteladas en editoriais

  • Os alumnos do Máster realizarán unha formación de 120 horas prácticas en empresas e/ou entidades editoriais, que conforman un coñecemento sólido e profundo non só do que representa o negocio editorial en Galicia e España na actualidade senón das súas perspectivas de futuro. Estas prácticas desenvolveranse entre setembro de 2007 e xuño de 2008.

Desde o punto de vista social e profesional é preciso ter presente que en España hai preto de 2.100 empresas editoriais privadas e máis de 600 entidades editoriais públicas que no último ano editaron máis de 70.000 títulos, datos que permiten percibir a enorme importancia que o sector editorial ten no seo da industria da produción cultural. Non obstante este senlleiro papel, a formación no eido editorial -na actualidade sometida a altos estándares de coñecemento técnico- ten permanecido tradicionalmente na marxe da formación superior e universitaria, e os profesionais do sector son autodidactas que -moitas veces provenientes das humanidades-, teñen desenvolvido o seu coñecemento sobre a práctica laboral diaria. A introdución das novas tecnoloxías, ademais, vén provocando unha auténtica revolución nas formas, técnicas e comportamentos do mundo editorial que se traduce na esixencia cada vez maior dunha capacitación de alto nivel dos profesionais implicados. Outros factores de trascendencia social fundamental, como o preocupante descenso nos índices xerais de hábitos de lectura da poboación española, formulan retos noutros eidos, aos que tamén atende o Máster en Edición en módulos específicos, como a promoción, dinamización e estimulación da lectura.

No Máster en Edición 2006-2008 participan como docentes cualificados profesionais, de Galicia e fóra dela, dos máis variados campos que atinxen á produción editorial: técnicos editoriais, distribuidores, promotores culturais, historiadores do libro, libreiros, impresores, deseñadores, maquetistas, editores privados e públicos, tradutores, informáticos, especialistas en edición dixital, escritores, ortotipógrafos..., que conforman o equipo docente dun completo programa que abrangue a totalidade dos procesos implicados na produción editorial.

O Máster en Edición ofrece 550 horas de formación rigorosa, distribuída entre teórico-práctica, e prácticas en empresas e/ou entidades editoriais, que conforman un coñecemento sólido e profundo non só do que representa o negocio editorial en Galicia e España na actualidade senón das súas perspectivas de futuro.

No seo do Máster en Edición ofértase un Curso de Especialización en Edición 2006-2007 que, cunha duración de entre 200 e 230 horas, pretende ofrecer un tratamento sistemático dos coñecementos e técnicas comprometidos nos procesos fundamentais da actividade editorial. Fronte ó Máster, que implica no seu programa outros moitos factores teórico-prácticos conformadores dunha panorámica moi completa sobre o labor de edición e o mundo do libro, o Curso de Especialización limita a súa oferta docente a aqueles argumentos imprescindibles para a cabal comprensión da acción editorial: os conceptos editoriais fundamentais e a edición textual en si. A estes contidos, engádese optativamente outro módulo, de entre o resto dos módulos do Máster, a lisbre elección do alumno e segundo as súas preferencias.

Duración e horarios:

  • De outubro a xuño.
  • Clases teóricas e prácticas, en horario de xoves e venres, de 16:00 a 20:00, e sábados, de 10:00 a 14:00, de outubro a xullo

Créditos:

  • Créditos de clases teóricas e prácticas: 14 créditos de módulos obrigatorios (máis os correspondentes ao módulo optativo que escolla o alumno).

  • Créditos do Traballo fin de Curso de especialización: 3.

Titulación:

Os alumnos que obteñan a cualificación global de "apto" terán dereito, previo pagamento dos prezos correspondentes, á expedición dun título propio da Universidade de Santiago de Compostela. Os alumnos que non obteñan esta cualificación poderán solicitar unha certificación académica das materias cursadas. Tanto as solicitudes dos títulos como das correspondentes certificacións se farán no CENTRO DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA.

Organización:

  • Departamento de Filoloxía Galega (área de Filoloxía Románica) da USC e Xunta de Galicia.

Directores:

  • Mercedes Brea, Catedrática de Filoloxía Románica da USC.
  • Xavier Senín Fernández, Subdirector xeral de promoción cultural e do libro e bibliotecas, Xunta de Galicia.

Secretario:

  • Juan L. Blanco Valdés, Técnico superior, Servizo de publicacións da USC.
ver todo el temario

consulta

más detalles del temario directamente a USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua.

Pedir información gratis

infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...

 

Valoración y opiniones de exalumnos

 
Valoración de emagister Valoración Especialización en Edición USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
  • opiniones exalumnos (0) comentarios Especialización en Edición USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
  • nota del centro opinión USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
  • descripción del curso descripción Postgrado Especialización en Edición USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
Valoración de exalumnos (0 opiniones)
  • profesores
     
  • temario
     
  • instalaciones
     
  • atención al usuario
     
  • material didáctico
     

emagister valora los cursos midiendo:

  • las opiniones de exalumnos verificados
  • la nota media de todos los cursos del centro
  • la descripción y los detalles del curso
  • la rapidez de respuesta del centro a los usuarios
  • el n° de matriculados a través de emagister

¿Has hecho este curso?

 

Sobre USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua

Descripción del centro
O Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación especializada a través dos cursos de posgrao que completan os estudos de primeiro e segundo ciclo, coordinar e desenvolver os estudos de terceiro ciclo, e promover os estudos orientados á formación continua que cada individuo ou colectivo poida necesitar para manter actualizados e competitivos os seus coñecementos, garantindo sempre a máis alta calidade dos cursos impartidos. Funcións O Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua encargase de: - Elaboración da oferta de Terceiro Ciclo, Posgrao e Formación Continua - Elaboración e control de convenios - Comisión de Doutoramento - Comisión de Posgaro - Relacións exteriores, promoción e publicidade - Xestión económica do CPTF, agás a derivada da xestión académica - Procesos de presentación de teses (Informes, prazos de exposición, fichas teseo) - Procesos informáticos e tratamento de datos.

Todos los cursos

de USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua en emagister.

Ver lista de cursos

infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...

 

Páginas internacionales: España  |  Italia  |  Francia  |  México  |  Alemania  |  Reino Unido  |  Argentina |  Chile  |  Colombia  |  USA

Palabras más relacionadas con los cursos que estás viendo: marketing edicion masters marketing politico master marketing marketing online masters oficiales plan estrategico marketing marketing publicidad marketing deportivo

emagister.com cumple la Ley Orgánica 15/1999 de 13 de diciembre, de Protección de datos de Carácter Personal, y posee el código de inscripción nº 2002010053 del Registro General de la Agencia de Protección de Datos. Copyright © 1999/2000 - Grupo Intercom - Todos los derechos