Postgrado - Presencial
Duración
350 Horas
Inicio
Dirigido a
Licenciados e Diplomados. Admítense estudantes sen titulación universitaria con actividade profesion... ver másal relacionada cos contidos do curso. Os alumnos do curso seleccionaranse entre os diplomados ou licenciados universitarios (ou que estean ...
2.220€ IVA inc.
| Requisitos |
Os alumnos do curso seleccionaranse entre os diplomados ou licenciados universitarios (ou que estean en situación de remata-los seus estudos) e entre profesionais relacionados co ámbito protocolario
|
| Precio | 2.220€ IVA inc. |
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...
Este curso forma parte de: Máster en Protocolo e Relacións Institucionais (M615)
Obxectivos:
Os estudos sobre as características do actual mercado laboral, levan tempo constatando a crecente demanda de persoal especializado en Protocolo xa que ésta é unha disciplina que ten un valor fundamental para tódolos sectores empresariais. Actualmente o Protocolo é unha materia que xa non se circunscribe unicamente ó ámbito oficial. Hoxe, as empresas privadas decátanse da necesidade destes coñecementos para o éxito do seu negocio a tódolos niveis, (dende organizar un acto por sinxelo que pareza, ata saber dirixirse correctamente ás diferentes entidades e institucións coas que teñen contacto, pasando pola correcta atención ó seu cliente). Co obxecto de dar resposta a estas necesidades patentes na realidade laboral xorde este Máster en Protocolo e Relacións Institucionais. O curso diríxese a ofrecer os máis completos coñecementos e técnicas das diferentes disciplinas implicadas nun ámbito tan amplo como é o Protocolo. O programa do curso abranguerá o Protocolo Oficial, Protocolo Internacional, Protocolo Empresarial, Protocolo Académico, Protocolo Social, etc, que impartirán especialistas de recoñecida competencia en cada un destes ámbitos. O curso tamén está orientado a completar e ampliar os coñecementos sobre o mundo do protocolo nos aspectos específicos da materia, ofrecendo unha formación útil non só a aqueles que desexen desenvolverse profesionalmente neste campo senón tamen a aqueles que desexen completar a súa formación e ós profesionais que xa exercen esta actividade e precisan reciclar os seus coñecementos. O obxectivo esencial do curso é ensinar ós alumnos a organizar todo tipo de acontecementos e aplicar as técnicas polas que se rexen, ofrecendo un amplo abano de coñecementos sobre temas protocolarios e de imaxe, comunicación e relacións sociais.
Metodoloxía: En canto á metodoloxía didáctica será unha combinación de sesións teóricas con diferentes prácticas tanto nas aulas como en visitas a institucións representativas onde se poida comprobar a utilidade inmediata do aprendido.
Procedemento de Avaliación:
- Avaliación contínua..
- Controis de cada bloque temático do programa.
- Proxecto fin de curso.
Departamento / Centro Organizador: Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
Directores:
Edición: 6
Duración cursos: 1
Calendario:
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...



¿Has hecho este curso?
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...