Postgrado - Presencial
Lugar
Santiago De Compostela (A Coruña)
Duración
200 Horas
Inicio
Dirigido a
Lcdos. en Dereito, Ciencias do Traballo e Ciencias Económicas e Empresariais; diplomados en Relacion... ver máss Laborais, responsables de Recursos Humanos, xefes de Relacións Laborais, asesores e cadros de persoal das organizacións sindicais e empresariais. Rigorosa orde de inscrición
Precio
consultar
| Requisitos |
Rigorosa orde de inscrición
|
| Precio |
Consultar con el centro de formación |
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...
Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua: Curso de Experto en Relacións Laborais (F682)
OBXECTIVOS E DESTINATARIOS
A partir da experiencia adquirida ao longo das precedentes edicións do Curso que se presenta, así como da súa consolidación, o Consello Galego de Relacións Laborais e a Universidade de Santiago de Compostela ofertan aquel por décimo séptimo ano consecutivo, conscientes da demanda pola sociedade galega de ensinanzas do máis alto nivel no eido das relacións laborais, así como da necesidade de promover, nun mercado que se mostra cada vez máis competitivo, a adaptación da xestión das empresas ao novo estilo de dirección de persoal que marca a política de recursos humanos e as esixencias organizativas das empresas.
Neste sentido, preténdese que o alumno atope no Curso un lugar de exposición e debate dos cambios que se veñen producindo na lexislación laboral, principalmente desde 1994, os que afectan, ademais de ao mercado de traballo (formas de contratación, organización do traballo, extinción do traballo), á negociación colectiva, á representación dos traballadores na empresa, á seguridade social e á seguridade e hixiene no traballo.
Asemade, non cabe esquecer a incidencia que está a ter o dereito social comunitario sobre as lexislacións sociais dos distintos Estados membros da Unión Europea. A adaptación dos contidos didácticos ao novo marco legal e convencional polo que están chamadas a discorrer as relacións laborais e de seguridade social, iniciada xa nas últimas edicións do Curso, proséguese na presente, na que se pretende afondar, unha vez máis, nas consecuencias prácticas dos procesos de reforma, pretendéndose ofrecer solucións fronte aos problemas presentados pola aplicación das novas normas, tanto laborais como de seguridade social. Por descontado, calquera modificación laboral ou de seguridade social que se produza ao longo do curso será oportunamente analizada nel.
Diríxese o Curso, principalmente, a cantos pretenden unha formación e/ou actualización nas materias laborais en xeral, facilitando a súa capacitación para resolver as cuestións suscitadas polas relacións laborais e a xestión de recursos humanos. Soporte de tal finalidade é o tratamento e a exposición dos temas cunha orientación práctica, axustada á realidade empresarial, xudicial e administrativa, con eventual constitución de grupos de traballo para o exame e discusión dos supostos prácticos que forman parte do contido das ensinanzas programadas e que na súa proporción, na relación coas exposicións teóricas, vén crecendo nos últimos anos. Estas distribúense ao longo de seis módulos que se complementan con diversas conferencias, intervencións dos axentes sociais e visitas a empresas.
Dado o seu obxectivo, contido, método e necesidade de adecuar os programas de estudos universitarios a unha situación social e económica en constante evolución, que pide actualizar periodicamente os coñecementos e ampliar os mesmos respecto dos adquiridos ao longo da licenciatura ou diplomatura, este
Curso resulta particularmente apropiado como medio de especialización e perfeccionamento profesional de licenciados en Dereito, Ciencias do Traballo e Ciencias Económicas e Empresariais, ou diplomados en Relacións Laborais, responsables de Recursos Humanos, xefes de Relacións Laborais, asesores e cadros das organizacións sindicais e empresariais, etc.
Dende a penúltima edición, a superación do curso permite obter, segundo sexan as circunstancias do alumno, o título de especialista ou o diploma de aproveitamento, expedido pola Universidade de Santiago de Compostela, ao formar parte aquel da oferta de estudos de posgrao e formación continua da citada Universidade.
CADRO DE PROFESORES
Compoñen o equipo docente prestixiosos profesores de distintas Universidades españolas e profesionais da Xudicatura, a Avogacía, a Administración e a xestión de recursos humanos.
NÚMERO DE PRAZAS
O número de prazas limítase a cincuenta (50). A selección efectuarase por rigorosa orde de inscrición. O prazo de matrícula pecharase tan pronto como quede cuberto o número de prazas ofertado e, en todo caso, o 14 de setembro de 2006.
COMISIÓN REITORA
COMISIÓN ACADÉMICA
Javier Gárate Castro
Catedrático de Dereito do Traballo
Consuelo Ferreiro Regueiro
Profesora Titular de Dereito do Traballo
Jesús Martínez Girón
Catedrático de Dereito do Traballo
Jaime Cabeza Pereiro
Catedrático de Dereito do Traballo
Pedro Rabanal Carbajo
Profesor Titular de Dereito do Traballo
DIRECCIÓN DO CURSO
Javier Gárate Castro
Catedrático de Dereito do Traballo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela
Procedemento de Avaliación:
- Asistencia.
- Superación de exames tipo test de todos os módulos e/ou probas de avaliación específicas que consideren pertinentes os ponentes.
Calendario:
Días da semana: Normalmente, os martes e xoves. Excepcionalmente, haberá semanas con tres días de clases.
Horario: De 16:30 a 20:30 horas.
Aulas:
-Salón Nobre do Pazo de Fonseca (Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela).
-Salón de Graos e/ou Sala de Xuntas da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...



¿Has hecho este curso?
| Dónde | Santiago De Compostela, Campus Sur - Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. |
| Cuándo | Inicio: consultar al centro de formación |
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...