Sobre IES Ribeira do Louro
Descripción del centro
O IES RIBEIRA DO LOURO contruíuse no ano 1992 sendo directora Mª Eugenia Soaje Hermida na quel ano tiña 5 cursos de FP administrativo de primeiro grao e 1º de electricidade, e comezaronse a impartir as clases en abril (3º trimeste) de 1992.
No curso 92-93 comezou a Educación Secundaria Obrigatoria (3º curso) amortizando o curso de electricidade.
No curso 93-94 implantouse 4º da E.S.O.
No curso 94-95 implantouse o Bacharelato Tecnolóxico, e tamén o Ciclo medio de electricidade, e o Módulo de albanelería: granito
No 95-96 implantouse o Ciclo Superior de Comercio Internacional e o Bacharelato de Ciencias Sociais.
No 97-98 implantouse o Ciclo medio de Xestión administrativa e o de Equipos electrónicos de consumo, ese ano o Ciclo medio de electricidade foi suprimido.
No ano 98-99 implántase a ESO primeiro e segundo ciclo, Educación de adultos e o programa de Garantía Social de informática para adultos.
No ano 99-00 cámbiase o programa de Garantía Social de informática polo de Dependente de comercio.
No ano 00-01 implántase o ciclo superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informática.