Master Presencial
Duración:
Para qué te prepara:
O Instituto Enerxético de Galicia, as Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo poñen en marcha a II edición do “Máster en Enerxía e Desenvolvemento Sostible”. Previamente ó Desenvolvemento do Máster universitario, dos Cursos de Formación e dos Cursos de Especialista Universitario poñeranse a disposición dos alumnos interesados unha serie de Cursos de iniciación
O Instituto Enerxético de Galicia nace a través da Lei 3/1999, do 11 de marzo, ó abeiro das competencias que a Comunidade Autónoma ostenta segundo o seu Estatuto de Autonomía (art. 13.2) e de conformi...
contactar con el responsable| Precio |
Consultar con el centro de formación |
Introducción
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), ten entre os seus obxectivos fundamentais, o de fomentar e mellora-la eficiencia enerxética, así como sensibilizar á sociedade galega no uso racional da enerxía, respectando e conservando o medio ambiente. A formación e un dos instrumentos específicos a través dos que se pretende que os cidadáns particulares, traballadores de empresas e organismos públicos galegos se sensibilicen coas enerxías renovables, adquiran coñecementos, e se especialicen nos distintos campos enerxéticos.
O Programa de Formación do 2006 contempla cursos, conferencias, xornadas, máster..., co fin de mellora-la formación dos empregados, técnicos e profesionais en xeral, e sensibiliza-los no uso e fomento das enerxías renovables para facer que diminúa a dependencia exterior e favoreza a conservación do medio ambiente. O programa inclúe tamén outras actividades cun enfoque meramente práctico, tales como a exposición "A Través das Enerxías”, a Campaña de Fomento da Enerxía Solar, e os Premios a Innovación Educativa.
Os Cursos de Iniciación son unha introdución básica ás disciplinas que conforman a base fundamental das materias que se cursan nos módulos que forman parte do Máster de Enerxía e Desenvolvemento Sostible.
A iniciativa de pór estes cursos de iniciación foi motivada polo amplo abano de titulacións que accederon a cursar a edición anterior deste Máster de Enerxía e Desenvolvemento Sostible. Así, ó comprobar que os coñecementos básicos que posuían os estudantes matriculados diferían notablemente en función da titulación de procedencia, se manifestou a necesidade de deseñar uns cursos básicos que conteñan os conceptos necesarios para poder abordar sen limitación os contidos que forman parte do Máster.
O obxectivo principal, por tanto, dos cursos de iniciación, é dobre: por unha banda, refrescar coñecementos básicos ós profesionais que desenvolven o seu labor no mundo da enerxía e, por outra, dotar dos mesmos a aqueles que, pola súa formación, non os posúan.