Master Presencial
Precio:
Duración:
980 Horas
O Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación especializada a través dos cursos de posgrao que completan os estudos de primeiro e ...
contactar con el responsable| Requisitos |
Adecuación da Titulación, Entrevista, Orden de Preinscrición, Expediente e Méritos
|
| Precio |
Entre 3.000€ y 9.000€ Consultar con el centro de formación |
Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:
A familia é a unidade natural e fundamental da sociedade, onde maduran as relacións humanas, núcleo da sociedade, ámbito natural de crecemento e benestar de tódolos seus membros, en particular dos nenos (ONU: New York, 1959; México, 1975; New York, 1979-88).Os dereitos do home e os dereitos da familia teñen como destinatario último á persoa, por iso non pode haber contradicción ou antagonismo entre eles. A familia e a persoa non poden medrar sen prestarse axuda recíproca. O camiño cara unha maior humanización da nosa sociedade pasa indefectiblemente por un desenvolvemento armónico dos dereitos do home e da familia, porque en último caso tanto as persoas como a sociedade articúlanse familiarmente. A profunda transformación que está experimentando nos últimos tempos a sociedade repercute de forma moi directa no ámbito familiar, emerxendo unha problemática complexa que demanda a formación de profesionais neste campo. Neste contexto, a Universidade, responsable da formación científica dos profesionais, síntese obrigada a dar resposta a esta esixencia social proporcionando ós mesmos una capacitación específica para intervir no complexo mundo da familia.Agora ben neste empeño, resulta preciso que a Universidade conte coa colaboración doutras Institucións que teñen unha dilatada experiencia no mundo da familia e que posibiliten a dimensión práctica e de contacto coas familias, que por outra parte é unha esixencia dunha formación de posgrao. Esta colaboración coa Universidade de Santiago, permitirá que os alumnos do Máster poidan realizar as correspondentes prácticas, na medida das posibilidades o máis preto dos seus lugares de procedencia.
OBXECTIVOS:
1. Coñecer os modelos e as correntes actuais nos distintos campos das ciencias da familia
2. Adquirir un dominio dos procedementos e das técnicas utilizadas no ámbito da familia
3. Adquirir coñecementos teórico-prácticos da problemática que afecta á familia na sociedade actual e das técnicas a utilizar para a solución das mesmas no contexto familiar
4. Adquirir as habilidades necesarias para a intervención e o exercicio profesional en mediación familiar
5. Coñecer a fundamentación teórica, así como as distintas escolas e modelos de terapia familiar
6. Adquirir as técnicas de avaliación e de intervención propias da terapia familiar nas crises e problemas da familia e da parella
METODOLOXÍA:
A metodoloxía ten presente tanto a dimensión profesional como científica do curso.
O programa presencial combinará as sesións maxistrais co traballo en pequenos grupos, e coas sesións clínicas nas que os alumnos poderán presenciar situacións de interese e casos nos que progresivamente irán compartindo co profesional especialista tanto a avaliación como a intervención.
As sesións presenciais serán completadas cun ambicioso programa de Prácticum que permitirá ós alumnos recibir unha formación nos escenarios profesionais, titorizada por un profesional do sector. Con esta finalidade a Universidade de Santiago asinou convenios coa Xunta de Galicia, Centros de Saúde, Centros Educativos, Centros de Orientación Familiar, Concellos e outros Organismos e Institucións Públicos e Privados.
O Programa das actividades non presenciais tamén titorizadas polos profesionais do Curso, completará a formaicón, que se verá rubricada coa presentación e defensa do Proyecto Final
Procedemento de Avaliación: Continua e proxecto fin de curso.
Titorías: Titorías persoalizadas asignadas por módulo impartido.
Departamento / Centro Organizador: Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Directores:
Edición: 6
Duración cursos: 2
Calendario:
Fase Presencial: 8 de Xaneiro o 2 De Marzo. De Luns A Vernes.
Lugar: Facultade De Psicoloxía. Aula Clínica Instituto Da Familia