O Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación especializada a través dos cursos de posgrao que completan os estudos de primeiro e ...
contactar con el responsable| Requisitos |
Currículum Vitae, entrevista persoal e dinámica de grupo
|
| Precio | 3.000€ IVA inc. |
Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:
Obxectivos do curso:
a) Facilitar a cantos desexen optar a postos da administración da Unión Europea unha mellor cualificación que lles permita acadar os seus obxectivos,
b) Dotar a todos aqueles que se atopen traballando na administración pública española (nacional, autonómica, provincial ou municipal) duns coñecementos superiores que os axuden na mellora do seu estatus profesional,
c) Preparar a futuros asesores de empresas e organismos, en todo o relativo coa U.E.
Metodoloxía: As clases teñen unha orientación práctica e participativa. Nelas participan profesores universitarios, profesionais, así como funcionarios das distintas administracións públicas. Así mesmo ao rematar o curso os alumnos realizan prácticas en distintas empresas e/ou administracións públicas, cunha duración aproximada de tres meses o que lles permite completar a súa formación adquirida con anterioridade e acadar desta forma un notable grao de experiencia.
Procedemento de Avaliación: Elaboración dun proxecto de fin de curso titorizado. Exames en cada módulo.
Titorías: Presenciais en función dos horarios do curso.
Departamento / Centro Organizador: Departamento de Economía Aplicada
Directores:
Edición: 3
Duración cursos: 1
Calendario:
Días da semana: Xoves e venres. Sábado, ocasionalmente.
Horario: Xoves e venres de 16:00 a 20:00 horas. Sábado de 10:00 a 14:00 horas.
Aulas: Aula 7 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.