Master - Presencial
Duración
500 Horas
Inicio
Dirigido a
Licenciados. Os alumnos do curso seleccionaranse entre licenciados universitarios
3.600€ IVA inc.
Beca. As bolsas serán outorgadas consonte ós criterios establecidos pola Comisión de Posgrao.
| Requisitos |
Os alumnos do curso seleccionaranse entre licenciados universitarios
|
| Precio | 3.600€ IVA inc. |
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...
Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:
Obxectivos: Os estudos sobre as características do actual mercado laboral, levan tempo constatando a crecente demanda de persoal especializado en Protocolo xa que ésta é unha disciplina que ten un valor fundamental para tódolos sectores empresariais. Actualmente o Protocolo é unha materia que xa non se circunscribe unicamente ó ámbito oficial. Hoxe, as empresas privadas decátanse da necesidade destes coñecementos para o éxito do seu negocio a tódolos niveis, (dende organizar un acto por sinxelo que pareza, ata saber dirixirse correctamente ás diferentes entidades e institucións coas que teñen contacto, pasando pola correcta atención ó seu cliente). Co obxecto de dar resposta a estas necesidades patentes na realidade laboral xorde este Máster en Protocolo e Relacións Institucionais. O curso diríxese a ofrecer os máis completos coñecementos e técnicas das diferentes disciplinas implicadas nun ámbito tan amplo como é o Protocolo. O programa do curso abranguerá o Protocolo Oficial, Protocolo Internacional, Protocolo Empresarial, Protocolo Académico, Protocolo Social, etc, que impartirán especialistas de recoñecida competencia en cada un destes ámbitos. O curso tamén está orientado a completar e ampliar os coñecementos sobre o mundo do protocolo nos aspectos específicos da materia, ofrecendo unha formación útil non só a aqueles que desexen desenvolverse profesionalmente neste campo senón tamen a aqueles que desexen completar a súa formación e ós profesionais que xa exercen esta actividade e precisan reciclar os seus coñecementos. O obxectivo esencial do curso é ensinar ós alumnos a organizar todo tipo de acontecementos e aplicar as técnicas polas que se rexen, ofrecendo un amplo abano de coñecementos sobre temas protocolarios e de imaxe, comunicación e relacións sociais.
Metodoloxía: En canto á metodoloxía didáctica será unha combinación de sesións teóricas con diferentes prácticas tanto nas aulas como en visitas a institucións representativas onde se poida comprobar a utilidade inmediata do aprendido.
Procedemento de Avaliación:
- Avaliación contínua, segundo a participación do alumnado nas diferentes sesións.
- Controis de cada bloque temático do programa.
- Proxecto fin de curso.
Departamento / Centro Organizador: Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
Directores:
Edición: 3
Duración cursos: 1
Calendario:
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...



¿Has hecho este curso?
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...