Master Semipresencial
Precio:
Duración:
600 Horas
O Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación especializada a través dos cursos de posgrao que completan os estudos de primeiro e ...
contactar con el responsable| Requisitos |
Valoración do C.V. e da experiencia profesional do candidato no eido da saúde laboral
|
| Precio | 1.600€ IVA inc. |
Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:
Obxectivos:
Este curso ten como obxectivo forma-los
participantes en materia de prevención de riscos laborais para que:
-
Coñezan os factores que interactúan no binomio saúde-traballo
-
Teñan coñecemento do ordenamento normativo e lexislativo, tanto nacional
como comunitario e internacional, en materia de saúde e seguridade no
traballo.
- Coñezan os fundamentos da investigación científica en
saúde laboral.
- Aprendan diferentes metodoloxías para
avalia-las condicións de traballo e elaborar un mapa de riscos e danos
laborais.
- Coñezan distintos sistemas de planificación, xestión e
avaliación das actividades a desenvolver por un servicio de prevención
de riscos laborais, así como establecer programas de prevención baseados
na priorización e participación.
- Adquiran as técnicas de
análise e investigación dos riscos e os principios da promoción,
prevención e protección en seguridade; hixiene e psicosocioloxía.
-
Dispoñan dos coñecementos necesarios para o uso de programas
informáticos na planificación e xestión dos servicios de prevención e na
investigación dos posibles efectos para a saúde derivados do traballo
Metodoloxía:
O curso impartese na modalidade
semipresencial con clases teóricas presenciais, e en sesións de 5 horas
de venres e sábados (mañá e tarde) o que supón un 38% da carga docente e
o restante 62% corresponde a clases non presenciais asistidas via
internet por ordenador, con titorias permanentes cos profesores e
traballos dirixidos obrigatorios.
A lei de prevención de riscos
laborais establece que as 150 horas adicadas ás prácticas poden
equivaler a un traballo ou Memoria, que no noso caso ten que ser
dirixido por un Titor na empresa e presentado publicamente ante un
Tribunal. Ademáis no presente curso as horas prácticas completanse coas
visitas, e a estadía en empresas baixo a dirección dun Titor durante un
período de catro semanas (140 horas), todo o cal xuntamente cos
traballos obrigatorios de cada módulo (160 horas) completan os
requerimentos legais da formación práctica e a equivalencia ás 450
prácticas requeridas.
Procedemento de Avaliación: Avaliación tipo test e presentación e defensa pública da Memoria das prácticas en empresas
Titorías: As titorias realizanse co titor encargado do módulo a través do correo electrónico
Calendario: Venres (de 16.00h. a 21.00h.), Sábados (de 09.00h. a 14.00h. de 16.00h. a 21.00h.)
Departamento / Centro Organizador: Departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
Director: Juan M. Barros Dios
Edición: 9
Duración cursos: 1