El Máster Universitario en Procesos de Formación Titulacions - Facultade de Ciencias da Educación - USC - Ao finalizar o primeiro cuadrimestre os/as estudantes deben estar en condicións de recoñecer os modelos básicos da investigación educativa e as diversas liñas de investigación e traballo profesional que se están a levar nos dous departamentos.
- Ao finalizar o segundo cuadrimestre os estudantes deben dominar os conceptos e as técnicas básicas de actuación nos campos de especialización que elixan dentro das posibilidades dos dous módulos optativos e as restantes materias.
Tamén se trata de:
1. Coñecer en profundidade os diversos ámbitos de proxección da Investigación pedagóxica e de inserción laboral dos posgraduados en Educación.
2. Coñecer as diversas actividades profesionais especializadas (postos e funcións) que desempeñan os postgraduados en Educación.
3. Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante nichos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización (a calidade, o e-learning, o deseño de contidos didácticos dixitais, o asesoramento individual ou institucional, a validación de competencias, a formación continua, a investigación e innovación educativa etc.)
4. Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, á equidad e ao respecto aos dereitos humanos.
5. Mellorar/completar as competencias transversais dos profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I D I) como bases fundamentais da mellora profesional e da calidade das funcións e servizos prestados polos especialistas da educación nos seus contextos laborais.
6. Analizar as achegas da investigación pedagóxica e os procesos de xeración de coñecemento científico en diversos campos especializados.