Curso para trabajadores Presencial
Lugar:
Sarria
Duración:
50 Horas
Inicio:
19/05/2008 calendario
ver temario
Cursos muy similares |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
| Precio |
Consultar con el centro de formación |
| Área | Marketing y Comercial |
| Modalidade | Mixta |
| Data de Comezo | 19-05-2008 |
| Data de Remate | 12-06-2008 |
| Provincia | Lugo |
| Localidade | SARRIA |
| Direccion | ARCO ENSINO S.L., CL. CALVO SOTELO, 48 ENTRESUELO A |
| Total Horas Lectivas | 50 |
| Horarios | Horario: De luns a xoves de 20:00 a 22:30 O curso levarase a cabo na modalidade mixta, por tanto os alumnos deberán realizar as horas presenciais do curso e os módulos de sensibilización medioambiental e formación para a igualdade que se levan a cabo a distancia. As datas e horarios indicados pertencen á parte presencial. |
| Prezo | Subvencionado |
| Obxetivos |
Obxectivo Xeral: - Aprender a xestionar proxectos empregando a ferramenta MS Project Obxectivos Específicos: Saber o que é a xestión de proxectos - Aprender a seleccionar e priorizar proxectos - Coñecer como se obtén o respaldo preciso para o proxecto - Valorar a planificación como piar da xestión de proxectos - Aprender a definir o problema, a misión e a estratexia do proxecto - Saber definir o alcance, obxectivos e produtos do proxecto - Dominar a realización dunha estrutura de descomposición do traballo (EDT) - Practicar a asignación dos recursos do proxecto - Aprender a realizar un cronograma do proxecto - Coñecer como se traballa con orzamentos no MS Project - Saber como se executa un plano de proxecto - Practicar sobre a avaliación da marcha do proxecto - Dominar a xestión dos recursos do proxecto - Aprender como comunicar información do proxecto - Coñecer como xestionar os cambios nun proxecto - Saber como modificar o calendario nun proxecto - Ter sempre presente as variables custe, alcance, calidade e cronograma - Valorar a xestión de riscos como paso principal no aseguramento da calidade - Aprender a xestionar o retorno de experiencia do proxecto (RETEX) ou leccións aprendidas - Dominar o peche dun proxecto - Coñecer a importancia dun arquivo histórico de proxectos Obxectivos do módulo "Sensibilización Ambiental": Preténdese concienciar ós asistentes da necesidade de adoptar unha serie de boas prácticas dende o punto de vista medioambiental. Para acadar este obxectivo establécense como obxectivos específicos os seguintes: -Coñece-las principias técnicas empregadas na actualidade para reducir as emisións contaminantes á atmosfera. -Coñece-los principais tratamentos empregados na eliminación de substancias contaminantes presentes nas augas residuais. -Coñecer-las principais alteracións que poden ter lugar no solo. -Coñece-la definición e caracterización dos diferentes tipos de residuos especialmente os problemas asociados á contaminación acústica. Obxectivos do módulo "Formación para a Igualdade de Oportunidades": -Sensibilizar ós participantes das ventaxas das Políticas de Igualdade. -Coñecer as informacións básicas para traballar a igualdade de oportunidades. -Remarcar a aportación positiva que tódalas persoas poden facer á sociedade. |
| Programa |
I. Comezar un Proxecto Módulo 1. Introdución á xestión de proxectos (1 hora) - Que é un proxecto? - Que é a xestión de proxectos? - Os beneficios da xestión de proxectos Módulo 2. Seleccionar e priorizar proxectos (1 hora) - A selección de proxectos e o xestor - Criterios para seleccionar proxectos - Priorizar os proxectos - Como traballa unha xunta de análise de proxectos Módulo 3. Obter respaldo para o proxecto (2 horas) - A carta de autorización do proxecto: facer público o proxecto - Traballar coas partes interesadas no proxecto - Como obter e conservar o compromiso II. Planificar un Proxecto Módulo 4. Planificar para acadar o éxito (2 horas) - Que é a planificación de proxectos? - Os planos mudan - Unha visión xeral da planificación de proxectos Módulo 5. Cal é o problema? (2 horas) - A definición do problema - A definición da misión do proxecto - A estratexia do proxecto Módulo 6. Visualizar o éxito: alcance, obxectivos e produtos (2 horas) - A definición do alcance - Obxectivos do proxecto - Os produtos do proxecto Módulo 7. Descompoñer o traballo (3 horas) - Que é unha estrutura de descomposición do traballo? - Os beneficios da EDT - Construír unha EDT de arriba cara abaixo - Documentar a EDT Módulo 8. Os recursos do proxecto (3 horas) - A matriz de responsabilidades - O organigrama do proxecto - Forma o equipo do proxecto - Organizar os recursos en Project Módulo 9. O cronograma do proxecto (4 horas) - Calcular o esforzo - Definir a secuencia de traballo - Engadir fitos ao calendario - Depurar os nomes das tarefas - Asignar recursos ás tarefas - Reflectir a realidade no calendario de traballo - Acurtar a duración dun proxecto Módulo 10. Traballar con orzamentos (3 horas) - Comprender o orzamento de capital - Calcular os custes nun calendario de proxecto - Exportar os custes desde Project III. Realizar un Proxecto Módulo 11. Executar o plano de proxecto (1 hora) - Unha lista de comprobación rápida - Un día na vida dun xestor de proxectos Módulo 12. Avaliar a marcha do proxecto (3 horas) - Recompilar os datos - Controlar a evolución do cronograma - Revisar os custes e a variación de custes - Análise do valor acumulado Módulo 13. Xestionar os recursos do proxecto (2 hora) - Motivar aos recursos do proxecto - A evolución do equipo - Avaliar o rendemento das persoas Módulo 14. Comunicar información (2 hora) - O coñecemento é poder - O plano de comunicación - Directrices para unha boa comunicación - Reunións que funcionan - Informes sobre o estado do proxecto - Dominar o correo electrónico IV. Controlar un Proxecto Módulo 15. Xestionar os cambios nun proxecto (1 hora) - Unha introdución ao proceso de xestión de cambios - Controlar os cambios Módulo 16. Modificar o calendario do proxecto (2 hora) - Simplificar a procura de solucións - Superpoñer tarefas para acurtar a duración do proxecto - Dividir tarefas longas en varias máis pequenas - Sortear eventos fixos - Acurtar o tempo de posposición - Axustar a distribución de recursos - Asignar horas extra - Substituír recursos - Engadir máis recursos ás tarefas para acurtar a duración - Modificar as liñas de base Módulo 17. Equilibrar o orzamento con outras variables do proxecto (1 hora) - Custe, alcance, calidade e cronograma - Equilibrar as variables Módulo 18. A xestión de riscos (2 horas) - Os beneficios da xestión de riscos - O plano de xestión de riscos - Controlar os riscos V. Pechar un Proxecto Módulo 19. Leccións aprendidas (1 hora) - A importancia das leccións aprendidas - Recompilar as leccións aprendidas - Documentar as leccións aprendidas Módulo 20. Xestionar o peche do proxecto (1 hora) - Informes de peche do proxecto - Obter a aceptación do cliente - Transición do proxecto Módulo 21. Arquivo histórico de proxectos (1 hora) - Por qué crear un arquivo de proxectos? - A información que debe gardarse sobre o proxecto - Como crear un arquivo de proxectosMÓDULOS (5 horas) Sensibilización Ambiental -Concepto de Medio ambiente -O Deterioro do Medio Natural Contaminación atmosférica. Contaminación do solo Contaminación das augas Contaminación acústica Impacto paisaxístico e Ocupación do solo (5 horas) Formación para a igualdade de Oportunidades -Concepto de iguladade: introducción. O concepto de igualdade -Políticas, programas e leis de igualdade -As accións positivas. O mainstreaming de xénero -Os plans de igualdade -Novo contrato social mulleres-homes: obxectivos e estratexias |
| Dónde | Sarria |
| Cuándo | Inicio: 19/05/2008 ver calendario |