1.- Requisitos mínimos xerais:
- Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade o cónxuxe dos españois, dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e dos nacionais dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito, así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.
Así mesmo, poderán participar os que, non estando incluídos nos parágrafos anteriores, se atopen en España en situación de legalidade, sendo titulares dun documento que os habilite a residir e a poder acceder sen limitacións ao mercado laboral. En consecuencia poderán participar os que se atopen en situación de residencia temporal, os que se atopen en situación de residencia permanente, os que se atopen en situación para residir e traballar, así como os refuxiados.
- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación.
- Capacidade: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza á que opte.
- Habilitación: non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
2.- Requisitos mínimos específicos para o posto:
2. A.- Titulación:
- Ciclo superior en administración de sistemas informáticos ou enxeñeiro técnico informático. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
2. B.- Idiomas:
- Inglés: coñecemento alto de Inglés (acreditado con copia do título P.E.T.: Preliminary English Test, F.C.E.: First Certificate in English C.A.E.: Certificate Advanced English ou C.P.E.: Certificate of Proficiency in English ou certificación correspondente).
- Coñecemento da lingua galega (acreditado con copia cotexada do título de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4 ou dos estudos equivalentes homologados polo órgano competente en materia de política lingüística).