Postgrado - Semipresencial
Duración
90 Horas
Inicio
Dirigido a
Alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación. Licenciados en Xornalismo e Comunicación Audiovisu... ver másal. Xornalistas. Coñecementos mínimos de informática. Por orde de preinscrición, expediente e currículum
150€ IVA inc.
| Requisitos |
Por orde de preinscrición, expediente e currículum
|
| Precio | 150€ IVA inc. |
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...
Obxectivos: Dispoñer de medios para distinguir os rasgos e
características que definen Internet, como canle de comunicación, e para
poder usala, manexala e informar e comunicarse a través da mesma. Pero
tamén é facilitar os recursos necesarios para crear productos e contidos
de tal maneira que poidan ser utilizados con facilidade e de xeito
intuitivo. Trátase de coñecer os pormenores de Internet e da World Wide
Web, así como adquirir destrezas para a creación de materiais propios
para o entorno dixital.
Metodoloxía: O desenvolvemento do curso distribuirase entre as clases presenciais e as non presenciais, tempo que o alumnado dedicará a asentar os coñecementos, a revisar e analizar documentación para despois poder aportar o seu punto de vista sobre as distintas cuestións que se aborden nas clases prácticas. Estas clases prácticas apoiaranse con recursos multimedia, para que o alumnado poida dispor tanto da posibilidade de achegarse dun xeito visual ós aspectos recollidos no programa, como de material que logo poida empregar nos tempos non presenciais.
Procedemento de Avaliación:
- Asistencia e participación activa nas clases presenciais.
- Realización dun proxecto multimedia.
Titorías: As titorías realizaranse a través do correo electrónico e dunha lista de distribución que se creará ó efecto. O profesorado dedicará ás titorías a metade do tempo de horas de clase que correspondan a cada materia.
Calendario:
Días da semana: Martes e xoves.
Horario: De 19:00 a 21:00 horas.
Aulas: Aulas informáticas e aula 8.
Departamento / Centro Organizador: Departamento de Ciencias da Comunicación
Directores:
María Luisa Otero López
Xosé López García
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...



¿Has hecho este curso?
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...