Cursos de doctorado - Presencial
Lugar
Santiago De Compostela (A Coruña)
Inicio
Requisitos
Licenciados e diplomados.
Curso Gratuito
| Requisitos |
Licenciados e diplomados.
|
| Precio |
Curso Gratuito
|
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...
Obxectivos do curso:
OBXECTIVOS:
1. Familiarizarse coa metodoloxía de edublogs
2. Publicar un blog de elaboración propia en Climaeucambio
3. Comprender o procedemento para inxerir elementos multimedia nun blog
4. Avaliar un blog dentro da porposta Climaeucambio
5. Familiarizarse coa metodoloxía da WebQuest, chegando a aloxar no blog unha WebQuest
6. Recoñecer as potencialidades didácticas dun blog
7. Perfeccionar técnicas necesarias para o desenvolvemento de presentacións de contidos educativos, madurando os recursos complementarias como fotografía e retoque de imaxes, chegando a aloxar unha presentación no blog.
8. Actualizar os fundamentos de meteoroloxía escolar, de cara ao fortalecemento das propostas didácticas do libro "Climaeucambio" que permite abordar as competencias básicas da ESO nun marco interdisciplinar co fío conductor da meteoroloxía do clima e do cambio climático.
METODOLOXÍA:
Vai a ser unha metodoloxía eminentemente práctica. As cinco sesións presenciais desenvolveranse na aula de informática procurando un ordenador por cada docente e nunca se superará o número de duas persoas por ordenador. Os coñecementos serán teórico prácticos e as exposicións teóricas irán apoiadas por un material didáctico específico de este curso en formato guía, co fin de que os asistentes podan afondar nos contidos do curso, no seu fogar e no seu centro de traballo. O blog guía actuará como un soporte desta formación ao longo do curso escolar. No nivel de informática, partirase dun nivel de usuario para chegar a comprender os fundamentos educativos e didácticos dos blogs, cursos multimedia de autoaprendizaxe dirixida e nas prácticas de introducción, tratamento e interpretación de datos meteorolóxicos. Os docentes farán as mesmas tarefas que logo dirixirán e titorizarán cos seus estudantes, reflexionando en coloquio sobre a fundamentación educativa e didáctica das propostas e destrezas que están a probar diante do ordenador. Os coñecementos teórico-prácticos traballados na sesión presencial reforzaranse consutando información e interaccionando en remoto cos poñentes a través da plataforma e aplicaranse cos estudantes na aula de informática ao longo da semana.
Sistema de selección:
Orde de presentación de solicitudes
Procedemento de Avaliación:
Mediante a observación directa, un coloquio inicial final e un cuestionario para seleccionar unha categoría cualitativa (nada, algo, bastante e moito) do nivel inicial (I) e final (F). Haberá dúas zonas de selección unha para seleccionar inicialmente e outra ao rematar. Os indicadores cos que se fará a autoavaliación inicial e final son:
1. Son capaz de elaborar e optimizar a potencialidade didáctica do blog de aula conseguindo a participación dos meus escolares en actividades relacionadas co proxecto.
2. Son capaz de dinamizar o moderar un eduforo
3. Porgramo WebQuest ou aplicacións semellantes que me permita acadar algún obxectivo didáctico
4. Aplico os fundamentos de meteoroloxía escolar para organizar actividades significativas e motivadoras para os escolares.
5. Comprendo a fundamentación científica e didáctica do curso de autoaprendizaxe dirixido sobre cambio climático.
6. Domino técnicas de fotografía e tratamento de imaxes para facer presentacións.
7. Dispoño de técnicas simples e eficaces para mellorar comunicación mediante presentacións informáticas
Titorías:
Realizaranse fundamentalmente on-line, tamen se atenderán titorías ao remate das clases
Programa:
1. Creando blogs e foros en Climaeucambio. Créditos: 2
2. Aplicacións didácticas dun blog e dun foro: WebQuest, discusión e outras técnicas baseadas en internet. Créditos: 1,5
3. Utilidades para os blogs e para os foros: fotografía, procesamento de imaxes e presentacións. Créditos: 1,5
4. A autoaprendizaxe orientada en climántica.org mediante a súa didáctica multimedia . Créditos: 0,5
5. Fundamentos de meteoroloxía escolar . Créditos: 0,5
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...
| Dónde | Santiago De Compostela, San Francisco s/n ver mapa |
| Cuándo | Inicio: consultar al centro de formación |
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...



¿Has hecho este curso?
infórmate directamente de cómo matricularte, plazas disponibles ...