1. FAMILIA PROFESIONAL: INFORMACIÓN E MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS
ÁREA PROFESIONAL: IMAXE E SON
2. DENOMINACIÓN DO CURSO: TÉCNICO DE SON
3. CÓDIGO: IMIS40
4. TIPO: OCUPACIÓN
5. OBXECTIVO XERAL
Realizar a sonorización, o rexistro, a difusión, a dobraxe e a posprodución do son, utilizando correctamente as técnicas necesarias, a partir das instrucións do encargado técnico e adaptándose ao medio en que se desenvolve a actividade, ben sexan producións radiofónicas, audiovisuais ou musicais.
6. REQUISITOS DO PROFESORADO:
-
Titulación universitaria, preferentemente Enxeñaría Técnica en Imaxe e son, Técnico Superior en Audiovisuais ou, no seu defecto, capacitación profesional equivalente na ocupación relacionada co curso.
Deberá ter tres anos de experiencia na ocupación.
Formación metodolóxica ou experiencia docente.
6.1. Nivel académico
6.2. Experiencia profesional
6.3. Nivel pedagóxico
7. REQUISITOS DE ACCESO DO ALUMNO:
-
Non se precisa experiencia profesional previa nin coñecementos técnicos específicos.
Ningunha en especial, menos aquelas que impidan o normal desenvolvemento da profesión.
7.1. Nivel académico ou de coñecementos xerais
7.2. Nivel profesional ou técnico
7.3. Condicións físicas
8. NÚMERO DE ALUMNOS:
9. RELACIÓN SECUENCIAL DE MÓDULOS FORMATIVOS:
- Introdución aos medios audiovisuais.
- Principios do son.
- Captación, tratamento e gravación do son.
- Son en radiodifusión.
- Son en producións audiovisuais.
- Son en producións discográficas.
- Sonorización.
- Posprodución do son.
- Seguridade e hixiene en producións audiovisuais e espectáculos.
10. DURACIÓN:
Prácticas 350
Coñecementos profesionais 195
Contidos relacionados coa profesionalidade 60
Avaliacións 30
Total 635 horas
A suma total do curso non se corresponde coa suma total de módulos por haber Coñecementos comúns a diferentes módulos.
11. INSTALACIÓNS:
-
- Superficie: a aula deberá ter unha superficie mínima de 30 m2 para grupos de 15 alumnos (2 m2 por alumno).
- Mobiliario: a aula estará equipada con mobiliario docente para 15 prazas, ademais dos elementos auxiliares necesarios.
- Superficie: 70 m2.
- Iluminación: artificial.
- Condicións ambientais: temperatura e atmosfera normal.
- Ventilación: acondicionada.
- Mobiliario: unha superficie de mesas de 10 x 1 m., construída con varias mesas.
-
- Un espazo mínimo de 50 m2 para despachos de dirección, sala de profesores e actividades de coordinación.
- Unha secretaría.
- Aseos e servizos hixiénicosanitarios en número axeitado á capacidade do centro.
Como instalacións de apoio deberase dispor das seguintes:
Os centros deberán reunir as condicións hixiénicas, acústicas, de habitabilidade e de seguridade esixidas pola lexislación vixente e dispor de licencia municipal de apertura como centro de formación.
11.1. Aula de clases teóricas
11.2. Instalacións para prácticas
O acondicionamento eléctrico deberá cumprir as normas de baixa tensión e estar preparado de forma que permita a realización das prácticas.
11.3. Outras instalacións:
12. EQUIPO E MATERIAL:
-
- Unha consola de mesturas de configuración mínima 16:4:2.
- Un mesturador portátil.
- Catro micrófonos dinámicos e 4 de condensador.
- Unha xirafa.
- Unha percha.
- Procesadores de efectos.
- Ecualizadores paramétricos e gráficos.
- Gravadores multipistas analóxicos e dixitais.
- Un DAT.
- Un reprodutor de CD.
- Unha estació de traballo.
- Un sincronizador.
- Un magnetoscopio.
- Un xerador de sincronismos.
- Un xerador de código de tempo.
- Amplificadores.
- Caixas acústicas e cuñas de monitorización.
- Auriculares.
- Sonómetro.
- Osciloscopio.
- Xerador de ruído «rosa».
- Analizador de espectro.
- Tesoiras e cúter.
- Mangas de conexión.
- Cables de conexión.
- Adaptadores de conexión.
- Alcohol isopropílico.
- Cinta de empalme.
Aos alumnos proporcionaráselles os medios didácticos e o material escolar, imprescindibles, para o desenvolvemento do curso.
No desenvolvemento das prácticas utilizaranse os medios necesarios de seguridade e hixiene no traballo e observaranse as normas legais ao respecto.
12.1. Equipo e maquinaria
12.2. Ferramentas
12.3. Material de consumo
12.4. Material didáctico
12.5. Elementos de protección
13. INCLUSIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS:
As novas tecnoloxías deberán estar presentes no desenvolvemento dos módulos; non obstante, incidirase especialmente nos temas:
- Sistemas dixitais de gravación.
- Edición de son por ordenador.