Especialista en ciberseguridad industrial

Curso

Online

225.000 € IVA inc.

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Descripción

  • Tipología

    Curso

  • Nivel

    Nivel intermedio

  • Metodología

    Online

  • Horas lectivas

    330h

  • Duración

    9 Meses

  • Campus online

  • Servicio de consultas

  • Clases virtuales

A introdución das novas tecnoloxías nos procesos produtivos ha suposto a necesidade de dispoñer de profesionais cun maior nivel de cualificación tecnolóxica. Por este motivo, o Estado ampliou a súa oferta formativa con novas titulacións, tanto no ámbito da Formación Profesional como Universitaria, tratando así de adecualos ás propias necesidades do mercado. No ámbito da ciberseguridade de sistemas industriais, os avances que se produciron – e estanse producindo – nos últimos anos, esixen sen dúbida a posta ao día do persoal relacionado. A Universidade de Vigo, consciente da importancia da formación continua neste sector, ofrece a posibilidade de formarse a través deste e outros cursos. O profesorado que vai impartir este curso ten unha titulación, coñecementos e experiencia industrial adecuados ao contido do curso que se pretende impartir e, aínda que a ciberseguridade industrial é unha parte do contido dalgunhas materias, é imposible impartilo, nun curso de primeiro ou segundo ciclo, coa profundidade e extensión que se vai a facer aquí.

Si quiere descargar el folleto con toda la información pinche aquí

A tener en cuenta

Este curso pretende ser unha ampla introdución sobre o estado actual das técnicas de ciberseguridade aplicadas nas plantas industriais (OT). Os coñecementos teóricos impartidos neste curso levarán á práctica utilizando ferramentas e tecnoloxías de diversos fabricantes (FORTINET, MICROSOFT, NOZOMI NETWORKS e SIEMENS entre as máis destacadas).

O obxectivo final deste curso é proporcionar ao profesional deste sector coñecementos prácticos, actualizados e eficaces sobre algunhas das solucións actuais do mercado da ciberseguridade industrial no campo do control, operación e comunicación de procesos industriais.

Orientado a Titulados Universitarios de primeiro e segundo ciclo e Profesionais do sector que reúnan os requisitos de habilitación de acceso á Universidade, e cuxa dedicación estea encamiñada á implantación, mantemento e xestión de sistemas automáticos no ámbito industrial e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Para aqueles/as que cumpran as condicións de acceso, a selección farase por rigorosa orde de abono das taxas de matriculación ata completar a oferta de prazas dispoñible.
Será condición imprescindible que cada rexistrado/a dispoña dun computador e conexión a Internet para poder asistir ás clases en directo do curso e realizar os traballos prácticos asignados.

A superación do curso completo dará dereito á obtención dun título propio de ESPECIALISTA expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao


Preguntas & Respuestas

Añade tu pregunta

Nuestros asesores y otros usuarios podrán responderte

¿Quién quieres que te responda?

Déjanos tus datos para recibir respuesta

Sólo publicaremos tu nombre y pregunta

Opiniones

Materias

  • Activos
  • Arquitectura de sistemas
  • Ethernet
  • Eventos
  • Firewall
  • Control industrial
  • Administrativo
  • TCP-IP
  • Protocolo
  • Inventario
  • IDS
  • TCP
  • Proxy
  • SCADA
  • Sistemas de información
  • CNC
  • Control de accesos
  • ISO 27001
  • Virtualización

Temario

Introdución á industria 4.0
  • Antecedentes e visión global da Industria 4.0
  • Tecnoloxías habilitadoras
  • Infraestruturas de comunicacións industriais na planta de proceso (OT)
  • Ciberseguridade industrial
  • Implantación da industria 4.0 en diferentes sectores industriais.
Introdución aos sistemas de control
  • Sistemas de control industrial: sistemas de control distribuído (DCS), autómata programable (PLC), control numérico por computador (CNC), robot industrial, computador industrial
  • Sistemas de fabricación flexible. Interfaces home-máquina: sistemas HMI e SCADA
  • Comunicacións industriais
  • Protocolos de comunicación industrial ethernet: Modbus/TCP, Profinet, Ethernet/IP
  • Protección dos sistemas de control industrial
Cumprimento e xestión da ciberseguridade industrial
  • Introdución
  • Avaliación de riscos: inventario de activos, identificación de vulnerabilidades e ameazas, avaliación de riscos
  • Normativa aplicable: directivas NIS europeas. Esquema Nacional de Seguridade ENS
  • Lei de protección de infraestruturas críticas LPIC, Reais Decretos, Código civil e penal
  • Estándares de referencia: ISA/IEC 62443, NIST/ISO 27001
  • Tipos de ataques e ameazas
  • Xestión da ciberseguridade: elaboración dun Plan integral da Ciberseguridade-SGCI: administrativo, operacional e técnico
Redes industriais (Familia Scalance de Siemens)
  • Modelo de referencia ISO de OSI
  • Elementos de rede: hub, switch, router, proxy, gateway e firewall
  • Arquitecturas de referencia en control industrial: centros de procesamento de datos (CPD) e virtualización
  • Dispositivos de comunicacións industriais SIEMENS Scalance. Xestión de switches: redes VLAN, aneis MRP e HRP
  • Protocolo Spanning Tree. Listas ACL. Xestión de routers: táboas de enrutado, protocolo VRRP para redundancia de routers. Xestión de firewalls: redes VPN, políticas de firewall, táboas NAT, acceso remoto
  • Xestión centralizada con SINEC NMS: monitoraxe de dispositivos
  • Xestión de copias de seguridade. Xestión de actualizacións. Xestión de políticas por grupos
  • Xestión de accesos remotos con SINEMA RC.
  • Taller práctico
Virtualización en arquitecturas de control industrial (Familia vSphere de VMware)
  • Introdución
  • Conceptos básicos
  • Tipos de hipervisores
  • Elementos da plataforma VMware: Hosts esxI, vCenter.
  • Características das edicións
  • Principais funcionalidades
  • Instalación de host VMware: descarga de imaxes, versións orixinais de VMware, versións de fabricantes de hardware, configuración básica de rede
  • Switches virtuais: tipos, configuración dun vSwitch, conexión con redes físicas, tags VLAN
  • Almacenamento: conceptos, tipos de almacenamento
  • Máquinas virtuais: conceptos, máquina virtual vs máquina física, ficheiros, snapshots, operacións básicas
  • Hardware virtual: compoñentes, edición, tipos de discos
  • Taller práctico
Sistemas de supervisión (Solucións Zabbix)
  • Introdución
  • Necesidade
  • Tipos de sistemas de supervisión
  • Aplicabilidade en contornas industriais
  • Aplicabilidade en ciberseguridade industrial
  • Monitoraxe con Zabbix: Arquitectura, requisitos, modelos On-premise, Cloud, SaaS
  • Host, items e modelos
  • Triggers, macros, funcións e tags
  • Accións, notificacións e ACK. Xestión de usuarios
  • Visualización de datos en Zabbix: Históricos e tendencias, Mapas, Dashboards, Informes
  • Boas prácticas de monitoraxe
  • Monitoraxe de logs: tipos, aplicabilidade en contornas industriais e ciberseguridade, criterios de elección. Taller práctico
Firewalls de nova xeración (Familia Fortigate de Fortinet)
  • Introdución aos firewalls de nova xeración (NGFW)
  • Táboas e políticas de routing
  • Xestión de túneles VPN, IPSEC e SSL
  • Táboas NAT en NGFW
  • Dominios virtuais
  • Inspección en capa de aplicación
  • Modo transparente
  • Alta dispoñibilidade (HA). Logging
  • Diagnóstico e resolución de problemas
  • Taller práctico
Sistemas de detección de intrusións (Familia Scada Guardian de Nozomi Networks)
  • Introdución aos sistemas de detección de intrusións (IDS)
  • Captura e análise de tráfico con Wireshark
  • Tipos de IDS. Tipos de ameazas
  • Técnicas para detección de ameazas
  • Arquitectura de Nozomi Networks: implementación estándar, integracións de terceiros
  • Taller práctico
Sistemas de xestión de eventos e información de seguridade (Solucións Microsoft Azure Sentinel e Inprotech Guardian)
  • Introdución aos sistemas de xestión de eventos e información de seguridade (SIEM).
  • Funcionamento, diferenzas entre IDS e SIEM. Necesidade.
  • Casos de uso e elementos dun SIEM.
  • Taller práctico.
Traballo final de curso

Este traballo ten como obxectivo que o alumnado poña en práctica os distintos coñecementos adquiridos nun caso real. Deste xeito, verá como todo o aprendido interrelaciónase na realidade e terá que afrontar decisións sobre como segurizar unha fábrica. O estudante desenvolverá e presentará un proxecto relacionado cun compoñente ou sistema de ciberseguridade industrial: obxectivos, antecedentes e bases de partida, desenvolvemento, conclusións, orzamento.

Software utilizado durante o curso (licenzas educacionais)
  • Scalance de SIEMENS
  • FortiOS 6 y GNS3 de FORTINET
  • SCADAguardian 21 de NOZOMI NETWORKS
  • Zabbix
  • vSphere de VMWARE
  • Wireshark
  • Azure Sentinel de MICROSOFT
  • Inprotech Guardian de INPROTECH
  • KICS de KASPERSKY

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Especialista en ciberseguridad industrial

225.000 € IVA inc.