Curso actualmente no disponible
Confederación Empresarios Lugo

Técnico en recursos humanos

Confederación Empresarios Lugo
A Distancia

Curso gratis
subvencionado por el Estado
¿Quieres hablar con un asesor sobre este curso?
¿Quieres hablar con un asesor sobre este curso?

Información importante

Tipología Subvencionado a trabajadores
Metodología A distancia
  • Subvencionado a trabajadores
  • A distancia
Descripción

Preguntas & Respuestas

Plantea tus dudas y otros usuarios podrán responderte

Sólo publicaremos tu nombre y pregunta

Temario

Área Recursos Humanos Modalidade Teleformación Data de Comezo 21-02-2008 Data de Remate 21-05-2008 Total Horas Lectivas 135 Horarios Lunes, Martes, Miércoles, Jueves, Viernes, Sábado, Domingo, de 00:30 a 23:30
Observacións O curso levarase a cabo na modalidade teleformación por tanto os alumnos podense conectar á plataforma de formación a través de internet a calquera hora do día. Abrirase un chat duas horas a semana para aclarar dúbidas. Asimesmo os alumnos contarán con outros medios para contactar cos tutores e así poder facer un correcto seguimento do curso.
Prezo Subvencionado Obxetivos Obxectivo xeral:
-Analizar a función do persoal de desenvolvemento de recursos humanos dentro da realidade estratéxica e operativa das organizacións, tomando en consideración a realidade empresarial global.
-Proporcionar os contidos necesarios, (conceptos, procedementos técnicas e destrezas específicas e orientacións actitudinais positivas) para desenvolver de maneira eficiente as funcións propias dun Técnico de Recursos Humanos na empresa.
- Dotar aos participantes das actitudes e habilidades necesarias para motivar e liderar equipos humanos e conseguir a máxima aplicación das persoas nos obxectivos do departamento e da propia organización

Obxectivos específicos:
-Analizar a función de persoal e de desenvolvemento dos RRHH dentro da realidade estratéxica e operativa da empresa.
-Proporcionar os contidos necesarios para desenvolver de maneira eficiente as funcións propias dun Director de RRHH na empresa.
-Coñecer os aspectos esenciais que garantizan o éxito nos procesos de negociación.
-Aprender a desenvolver un proceso de negociación eficaz e exitoso.
-Ser capaces de planificar o programa e deseñar as sesións formativas dun seminario.
-Coñecer as diferenzas entre o grupo de traballo e o equipo de traballo.
-Identificar as vantaxes do traballo en equipo e as actitudes básicas que o favorecen.
-Comprender na súa totalidade o fenómeno da dinámica de grupos, identificando as distintas variables que inciden nel e os factores determinantes do éxito dun equipo de traballo.
-Coñecer os aspectos que debemos ter en conta á hora de implantar e liderar equipos de traballo de alto rendemento nas organizacións.
-Sensibilizar sobre a importancia da utilización de ferramentas como o ADPT e a VPT na xestión de RRHH.
-Coñecer as utilidades que ofrecen e os diferentes métodos e procedementos que cada unha destas ferramentas conleva.
-Localizar o ADPT e a VPT en relación cos demais procesos da función de RRHH.
-Comprender o concepto de competencias e a súa aplicabilidade ás distintas políticas de RRHH.
-Identificar as vantaxes da xestión por competencias e as actitudes básicas que a favorecen.
-Coñecer o proceso a seguir na implantación e desenvolvemento dun sistema de xestión por competencias.
-Comprender a importancia que a xestión do coñecemento ten no logro de vantaxes competitivas para as empresas.
-Aprender a distinguir os recursos tanxibles dos intanxibles e a valorar na súa xusta medida, a trascendencia destes últimos no desenvolvemento e supervivencia organizativa.
-Coñecer en que consisten os modelos de xestión do coñecemento e a súa aplicabilidade nas empresas.
-Aprender a implementar procesos de reclutamento e selección exitosos.
-Adquirir os coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver entrevistas eficaces.
-Comprender o significado do proceso de acollida e integración no seo dun sistema integrado de xestión de RRHH.
-Identificar as actuacións que requiren a acollida e integración satisfactoria dun novo membro na organización.
-Coñecer o contido e comprender as vantaxes que supón dispor de plans de acollida nas empresas.
-Comprender o concepto de desenvolvemento profesional e as vantaxes que, tanto a nivel individual como organizacional, achega.
-Identificar as actuacións que require a óptima implementación dun plan de desenvolvemento profesional.
-Comprender o propósito das avaliacións de desempeño e os motivos que poden dar lugar o seu fracaso.
-Aprender a preparar e a desenvolver unha entrevista de avaliación do desempeño eficaz.
-Coñecer en que consiste e como debe levarse a cabo un plan de formación.
-Comprender e analizar as novas modalidades de formación.
-Comprender o concepto de clima organizacional e coñecer as dimensións en que se concreta.
-Identificar os factores e elementos de maior influencia no ciclo ou proceso motivacional.
-Coñecer en que consisten as técnicas de motivación, e en particular, as técnicas non financeiras.
-Comprender o papel da retribución dentro do sistema integral de xestión de RRHH.
-Coñecer os elementos constitutivos da retribución fixa e os distintos tipos de retribución variable existentes, así como os pasos a seguir no deseño da estrutura salarial.
-Aprender a planificar e implementar un sistema retributivo nunha empresa.

Obxectivos do módulo "Formación para a igualdade de oportunidades":
-Sensibilizar aos participantes das vantaxes das Políticas de Igualdade.
-Coñecer as informacións básicas para traballar a igualdade de oportunidades.
-Remarcar a achega positiva que todas as persoas poden facer á sociedade.
-Analizar a situación para identificar as barreiras da igualdade de oportunidades. Identificar as discriminacións directas e indirectas.
- Incrementar a importancia de evitar os estereotipos; difundir os valores esenciais da loita contra a discriminación.

Obxectivos do módulo "Sensibilización medio ambiental":
Preténdese concienciar aos asistentes da necesidade de adoptar unha serie de boas prácticas dende o punto de vista medio ambiental. Para acadar este obxectivo establécense como obxectivos específicos os seguintes:
- Coñecer as principias técnicas empregadas na actualidade para reducir as emisións contaminantes á atmosfera.
- Coñecer os principais tratamentos empregados na eliminación de substancias contaminantes presentes nas augas residuais.
- Coñecer as principais alteracións que poden ter lugar no solo.
- Coñecer a definición e caracterización dos diferentes tipos de residuos especialmente os problemas asociados á contaminación acústica.



Programa Módulo 1: A Organización.
Estratexia Empresarial e de Recursos Humanos
A función de Recursos Humanos
Comunicación Empresarial
Técnicas de Negociación
Traballo en equipo
Técnicas de Motivación

Módulo 2: As Persoas.
Análise, Descrición e Valoración de Postos
Búsqueda e Selección de Persoal
Plans de acollida
Desenvolvemento Profesional
Xestión do desempeño
Xestión por competencias
Xestión do coñecemento
Plans de Formación
Política retributiva
Formación de Formadores



MÓDULOS

(5 horas)Sensibilización ambiental
-Concepto de medio ambiente
-A deterioración do medio natural
Contaminación atmosférica.
Contaminación do solo.
Contaminación das augas.
Contaminación acústica.
Impacto paisaxístico e ocupación do solo.

(10 horas) Formación para a igualdade de oportunidades
-Concepto de iguladade: introdución. O concepto de igualdade
-Discriminación e segregación
-Políticas, programas e leis de igualdade
-As accións positivas. o mainstreaming de xénero
-Os plans de igualdade
-Novo contrato social mulleres-homes: obxectivos e estratexias
-A conciliación da vida familiar e laboral

Compara para elegir mejor:
Ver más cursos similares