Máster/Especialista en Auditoría e Contabilidade

Master

En

3.325 € IVA inc.

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Descripción

  • Tipología

    Master

  • Horas lectivas

    625h

  • Duración

    Flexible

  • Inicio

    Fechas a elegir

Este Máster/Especialista, en colaboración con importantes firmas de auditoría, leva 19 edicións achegando a estudantes á profesión de auditoría, unha das principais saídas dos titulados en ADE e Economía, pero tamén é habitual contar con persoas doutros ámbitos que buscan reciclarse, así como quen busca unha formación contable actualizada de máxima calidade (200 horas) e funha formación impartida por persoal altamente cualificado das propias firmas auditoras (150 horas).

É un título propio da Universidade de Vigo, con validez en todo o territorio nacional e homologado polo Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (ICAC) como programa de formación teórica para o acceso ao Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC).
Actualmente, para ser Auditor é necesario superar un exame teórico (no programa, explicamos os exercicios procedentes de exames anteriores) e o exame práctico. Para ser admitido neste exame práctico requírese demostrar tres anos de experiencia profesional cun auditor e normalmente consiste nun caso completo de auditoría. Estes exames celébranse os anos impares. Máis información en https://www.icac.gob.es/

O programa ofrece prácticas remuneradas que permitirán financiar o importe do máster/especialista aos seus egresados. Ditas prácticas en auditoría adoitan comezar en xaneiro e finalizar en xullo, cunha remuneración mínima recomendada de 600 euros mensuais con cotización á Seguridade Social. Ademais, aqueles estudantes que estean a traballar, poderán informarse da posibilidade de financiarse a través dun Plan Individual de Formación (PIF) via deducións na Seguridade Social da empresa.

Outra vantaxe radica en que para matricularse non require ter o título de graduado, aínda que sí é necesario, para obter o Título de Máster/Especialista en Auditoría e Contabilidade unha vez finalizado o curso (os non graduados poden solicitar o Título de Especialista).

Instalaciones y fechas

Ubicación

Inicio

Inicio

Fechas a elegirMatrícula abierta

A tener en cuenta

O obxectivo deste Máster/Especialista en Auditoría e Contabilidade é formar ás persoas que queiran acceder ao REXISTRO OFICIAL de AUDITORES de CONTAS nos coñecementos teóricos das materias recollidas no artigo 7.4 da Lei 12/2010 de Auditoría de Contas. A Lei 22/2015 que entrou en vigor o 17 de xuño de 2016 recólleas no seu artigo 9.2. c.

O Máster/Especialista tamén pretende lograr unha especialización profesional para aquelas persoas que desexen afondar e especializarse no campo da auditoría e a contabilidade e que por razóns da súa procedencia académica non a obtiveran.

O Máster comprende a totalidade das materias recollidas nos módulos do Bloque I, aos que se fai referencia no Anexo A de a Resolución do 12 de xuño de 2012, do ICAC, sobre as condicións que deben cumprir os programas de formación teórica de auditores, a que se refire o artigo 34 o Regulamento que desenvolve o texto refundido da Lei de Auditoría de Contas, para a súa homologación. Está prevista a petición de homologación da XIX edición, xa que é unha continuación da XVIII que foi homologada como programa de ensino teórico de auditores polo ICAC, con data de 18 de xullo de 2019.

De acordo co establecido no regulamento de títulos propios da Universidade de Vigo, no seu artº 9 e 10 está orientado a:

MÁSTER:
Titulados Universitarios

ESPECIALISTA:
Titulados universitarios de primeiro e segundo ciclo así como aos alumnos dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados e profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Os alumnos que desexen matricularse, formalizarán o modelo de preinscrición presente na páxina web do master http://fccee.uvigo.es/master- Auditoria.html.
Con todas as solicitudes recibidas, o comité de admisión que estará composto por tres profesores do curso e o director do mesmo, emitirá relación de admitidos e excluídos.

A superación do curso completo dará dereito á obtención dun título propio de ESPECIALISTA expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse á Servizo de Posgrao, Edificio Filomena Dato, 2º Andar, 36310-Campus Lagoas Marcosende, para a solicitude e pago das taxas correspondentes (123, 10 €) non incluídas no prezo da matrícula do curso.

Preguntas & Respuestas

Añade tu pregunta

Nuestros asesores y otros usuarios podrán responderte

¿Quién quieres que te responda?

Déjanos tus datos para recibir respuesta

Sólo publicaremos tu nombre y pregunta

Opiniones

Materias

  • Informe de auditoría
  • Valoración de empresas
  • Contabilidade Financeira
  • Contabilidade
  • Normativos

Temario

MÓDULOS TEÓRICOS:

MÓDULO DE CONTABILIDADE I.

  • Contabilidade Financeira I. Marco normativo do PGC. (7 créditos)
  • Contabilidade Financeira II. Outros marcos normativos. (2,3 créditos)
  • Normas internacionais de información financeira. (2,3 créditos)
  • Contabilidade de situacións extraordinarias na empresa. (2,1 créditos)
  • Consolidación de estados financeiros. (2,1 créditos)
  • Análise de estados financeiros e valoración de empresas. (2,1 créditos)
  • Contabilidade analítica de custos e contabilidade de xestión. (2,1 créditos)

MÓDULO DE AUDITORÍA II.

  • Regulación e proceso da auditoría de contas. NIA-E (2,1 créditos)
  • Principios xerais e responsabilidades NIA-E serie 200 (2,1 créditos)
  • Avaliación do risco e resposta aos riscos relevantes. NIA-E serie 300 e 400 (3 créditos)
  • Evidencia en auditoría. NIA-E serie 500 (2,1 créditos)
  • Utilización do traballo doutros NIA-E serie 600 (1,5 créditos)
  • Conclusións e informe de auditoría. Auditoría dun único estado financeiro. NIA-E 805 e serie 700 (2,1 créditos)
  • Outra normativa aplicable (2,1 créditos)

MÓDULOS PRÁCTICOS:

PRÁCTICAS DE AUDITORÍA OU PROXECTO ACADÉMICO

Profesores responsables de coordinación das prácticas pola Universidade de Vigo: Ricardo M. Diéguez Ferreiro e Jorge Vila Biglieri.

O alumno do Máster/Especialista en Contabilidade e Auditoría terá que realizar obrigatoriamente 275 horas (27,5 créditos) no módulo práctico. O módulo práctico consistirá na realización de prácticas en empresas de auditoría ou asesorías, ou a realización dun proxecto académico que verse sobre a auditoría, cunha dedicación equivalente a 27,5 créditos. O módulo práctico será validado para aqueles alumnos que xa se atopen traballando nunha empresa de auditoría rexistrada no ROAC, e previa certificación da mesma ou traballo equivalente. As prácticas realizásense exclusivamente en despachos profesionais de auditores de contas ou firmas de auditoría ou asesorias e realizaranse con posterioridade ou durante a realización do módulo de auditoría. Sempre serán compatibles co horario lectivo do máster.

As prácticas realizásense de acordo coas dispoñibilidades horarias das empresas colaboradoras e os alumnos pasarán previamente por unha selección por parte dos colaboradores. Os cales achegasen un detalle dos traballos de auditoría e contabilidade que se lle van a asignar ao alumno do curso e ao finalizalas emitirá unha avaliación do alumno.

Aqueles alumnos que non resulten seleccionados por ningún profesional da auditoría ou que se atopen desenvolvendo actividade profesional fóra do ámbito da auditoría e resulte incompatible a realización de práctica en despachos profesionais terán que realizar obrigatoriamente o proxecto académico cunha equivalencia de 27,5 créditos, sobre un tema relacionado coa auditoría.

Información adicional

ALUMNI UVIGO - 3.325 €
PÚBLICO EN XERAL - 3.325 €

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Máster/Especialista en Auditoría e Contabilidade

3.325 € IVA inc.