Climántica Na Materia Das Ciencias para o Mundo Contemporáneo desde a Sostibilidade...

Postgrado

En Santiago de Compostela

Precio a consultar

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Descripción

  • Tipología

    Postgrado

  • Lugar

    Santiago de compostela

Instalaciones y fechas

Ubicación

Inicio

Santiago de Compostela (A Coruña)
Ver mapa
San Francisco s/n, 15782

Inicio

Consultar

A tener en cuenta

Profesorado de ensino secundario das especialidades de Bioloxía e Xeoloxía e de Física e Química e Licenciados e diplomados

Preguntas & Respuestas

Añade tu pregunta

Nuestros asesores y otros usuarios podrán responderte

¿Quién quieres que te responda?

Déjanos tus datos para recibir respuesta

Sólo publicaremos tu nombre y pregunta

Opiniones

Materias

  • Gestión ambiental
  • Interpretación

Temario

Climántica na Materia das Ciencias para o Mundo Contemporáneo desde a Sostibilidade e as TIC

Obxectivos do curso:

1. Familiarizarse coa metodoloxía de edublogs
2. Publicar un blog de elaboración propia dentro do marco "Edublogs de Climantica en CC. para o Mundo Contemporáneo desde a sostibilidade e o cambio climático"
3. Comprender o procedemento para inxerir elementos multimedia nun blog
4. Avaliar un blog dentro da porposta "Edublogs de Climántica en CC. para o Mundo Contemporáneo desde a sostibilidade e o cambio climático"
5. Familiarizarse coa metodoloxía da WebQuest, chegando a aloxar no blog unha WebQuest
6. Recoñecer as potencialidades didácticas dun blog
7. Perfeccionar técnicas necesarias para o desenvolvemento de presentacións de contidos educativos, madurando os recursos complementarias como fotografía e retoque de imaxes, chegando a aloxar unha presentación, unha animación ou un documental no blog.
8. Reflexionar sobre propostas cientifico - didácticas que xeren actividades de debate sobre cuestións de actualidade científicas relacionadas co currículo da materia, evidenciando a súa conexión coa sostibilidade e co cambio climático e as súas posibilidades para suscitar debate e argumentación nos edublogs.
9. Desenvolver investigacións - accións na aula sobre a base de actividades deseñadas no edublog do proxecto para a materia de acordo coas temática tratadas no curso.


METODOLOXÍA:

Vai a ser unha metodoloxía eminentemente práctica. As sesións presenciais desenvolveranse na aula de informática procurando un ordenador por cada docente e nunca se superará o número de dous. Os coñecementos serán teórico prácticos e as exposicións teóricas irán apoiadas por un material didáctico específico de este curso en formato guía, co fin de que os asistentes podan afondar nos contidos do curso, no seu fogar e no seu centro de traballo. O blog guía actuará como un soporte desta formación ao longo do curso escolar. No nivel de informática, partirase dun nivel de usuario para chegar a comprender os fundamentos educativos e didácticos dos blogs, cursos multimedia de autoaprendizaxe dirixida e nas prácticas de introducción, tratamento e interpretación de datos meteorolóxicos. Os docentes farán as mesmas tarefas na administración e xestión de blogs que logo dirixirán e titorizarán cos seus estudantes, reflexionando en coloquio sobre a fundamentación educativa e didáctica das propostas e destrezas que están a probar diante do ordenador.
Os coñecementos teórico-prácticos das sesións presenciais, presentaranse en base a exemplificacións que enmarquen posibles actividades para desenvolver nos blogues de aula no módulo de proxecto educativo non presencial. Para a programación e desenvolvemento destas actividades nos blogs de aula, de tal xeito que funcionen a modo de investigación - acción, contarase coa asesoría constante dos tutores web do proxecto.
Unha vez rematada a fase de formación presencial, haberá un trimestre para deseñar e aplicar actividades nos blogues de aula que se se presentarán e defenderán a principios de marzo na última sesión presencial.

Sistema de selección:

Orde de presentación de solicitudes

Procedemento de Avaliación:

Mediante a observación directa, un coloquio inicial final e un cuestionario para seleccionar unha categoría cualitativa (nada, algo, bastante e moito) do nivel inicial (I) e final (F). Haberá dúas zonas de selcción unha para seleccionar inicialmente e outra ao rematar. Os indicadores cos que se fará a autoavaliación inicial e final son:
1. Son capaz de xestionar e administrar en edublog
2. Son capaz de elaborar e optimizar a potencialidade didáctica do blog de aula conseguindo a participación dos meus escolares en actividades relacionadas co proxecto.
3. Son capaz de dinamizar o moderar un eduforo
4. Porgramo WebQuest ou aplicacións semellantes que me permita acadar algún obxectivo didáctico de investigación web
5. Desenvolvo o currículo co fío condutor do cambio climático e da sostebilidade mediante actividades qeu posibilitan a argumentación dos estudantes nos edublogs.
6. Comprendo a fundamentación científica e didáctica do curso de autoaprendizaxe dirixido sobre cambio climático.
7. Dispoño de técnicas simples e eficaces para mellorar comunicación mediante presentacións informáticas

Titorías:

Realizaranse fundamentalmente on-line, tamen se atenderán titorías ao remate das clases

Programa:

1. A SOSTIBILIDADE E O CAMBIO CLIMÁTICO NOS BLOGUES E FOROSDE CLIMÁNTICA PARA AS CIENCIAS DO MUNDO CONTEMPORÁNEO.. Créditos: 5
2. DEL BIG BANG AO PROBLEMA ECOLÓXICO: APROXIMACIÓN DO COSMOS Á PROBLEMÁTICA AMBIENTAL . Créditos: 1
3. DO COSMOS Á NANOTECNOLOXÍA. Créditos: 1
4. OS COMPROMISOS PARA A SOSTIBILIDADE DERIVADOS DOS RISCOS NATURAIS E DA SOBREEXPLOTACIÓN DOS RECURSOS . Créditos: 1
5. RISCOS PARA A SAÚDO DUN DESENVOLVEMENTO NON SOSTIBLE. A BIOTECNOLXÍA E A EVOLUCIÓN DESDE UNHA PERSPECTIVA DA SOSTIBILIDADE . Créditos: 1
6. INVESTIGACIÓN-ACCIÓN PARA APLICAR UN PROXECTO DIDÁCTICO NA AULA BASEADO EN EDUBLOGS. Créditos: 2

Información adicional

Observaciones: sábados de 9:30 a 14 horas na facultade de físicas no laboratorio e aula de informática nas datas 4, 11, 18 e 25 de outubro; 8, 15 e 29 de novembro e 12 de decembro de 2008 e 7 de marzo de 2009.
Alumnos por clase: 40

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Climántica Na Materia Das Ciencias para o Mundo Contemporáneo desde a Sostibilidade...

Precio a consultar