Especialista en interpretación simultánea de voz a texto

Curso

Online

85.500 € IVA inc.

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Descripción

  • Tipología

    Curso

  • Nivel

    Nivel intermedio

  • Metodología

    Online

  • Horas lectivas

    200h

  • Duración

    Flexible

  • Inicio

    Fechas a elegir

  • Campus online

  • Servicio de consultas

  • Clases virtuales

Formar ao alumnado nas técnicas de interpretación simultánea (inglés-español) a nivel especializado, co foco de atención posto no desenvolvemento das destrezas prácticas desta especialidade.

Instalaciones y fechas

Ubicación

Inicio

Online

Inicio

Fechas a elegirMatrícula abierta

A tener en cuenta

Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en refalado intralingüístico (español-español)

Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (ISVT) (inglés-español).

Todas aquelas persoas interesadas na tradución e interpretación de linguas en xeral, e en particular aquelas interesadas na tradución audiovisual e a provisión de servizos de accesibilidade para persoas con algún tipo de limitación auditiva.

A superación do curso completo dará dereito á obtención dun título propio de ESPECIALISTA expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao (Edificio Filomena Dato, 2º Andar, Campus de Lagoas-Marcosende, Telf.: 986 811 950 / negociado.formacionpermanente@uvigo.es // posgrao@uvigo.es) para a solicitude e pago das taxas correspondentes (123,10 €) non incluídas no prezo da matrícula do curso.

Preguntas & Respuestas

Añade tu pregunta

Nuestros asesores y otros usuarios podrán responderte

¿Quién quieres que te responda?

Déjanos tus datos para recibir respuesta

Sólo publicaremos tu nombre y pregunta

Opiniones

Materias

  • Inglés
  • Interpretación
  • Interpretación simultánea
  • Orixes
  • Evolución

Temario

MÓDULOS TEÓRICOS:

Interpretación simultánea.
  1. A interpretación simultánea: orixes e evolución.
  2. A interpretación simultánea: definición e características principais.
  3. A interpretación simultánea para os medios de comunicación: orixe e estudo de dificultades (situacionais, emocionais e técnicas).
  4. O intérprete para os medios: un novo perfil. Características e análises do papel do público.
  5. Dificultades en interpretación simultánea. Énfase especial na dificultade que conlevan os acentos e a velocidade de produción.
  6. Tácticas e estratexias en interpretación simultánea.
  7. O código deontolóxico do intérprete para os medios: ética, deontología e neutralidade.
  8. Interpretación da linguaxe política: definición e características fundamentais.
Refalado intralingüístico (ES-ES). Este módulo permitirá ós estudantes coñecer:
  • Como se practica o subtitulado en directo e máis concretamente o refalado intralingüístico en diferentes continentes
  • Cales os aspectos máis importantes sobre como funciona o recoñecemento de fala
  • Cales son as principales limitaciones e retos do refalado intralingüístico e como superalos
  • En que consiste a división de atención no refalado
  • Cales son as características principais dos diferentes xéneros audiovisuais que precisan subtítulos refalados
  • Cales son os diferentes modelos de avaliación da calidade do refalado e en que consiste o modelo NER
Interpretación Simultánea de Voz a Texto (EN-ES). Este módulo permitirá ós estudantes coñecer:
  • Como se practica o subtitulado interlingüístico en directo e máis concretamente o refalado interlingüístico en diferentes continentes
  • Cales os aspectos máis importantes que hai que ter en conta no uso do recoñecemento de fala con cambio de idioma
  • Cales son as principales limitacións e retos do refalado interlingüístico e como superalos
  • En que consiste a división de atención no refalado interlingüístico
  • Cales son as principais diferencias e semellanzas entre os diferentes xéneros audiovisuais en inglés e español de cara á produción de subtítulos en directo
  • Cales son os diferentes modelos de avaliación da calidade do refalado interlingüístico e en que consiste o modelo NTR, adaptación do modelo NER ó refalado interlingüístico.
MÓDULOS PRÁCTICOS:

Interpretación simultánea.
Exercitar a capacidade de análise e de síntese. Desenvolver a escoita disociada. Desenvolver a capacidade de concentración. Desenvolver a diversificación da focalización da atención. Mellorar a capacidade oratoria. Xestionar o estrés. Coñecer as características do traballo de intérprete simultáneo para os medios a través de materiais reies. Aprender a analizar e avaliar o propio traballo e traballos alleos. Coñecer as pautas intelectuais e éticas de conduta profesional de tradutores e intérpretes. Aprender a enfrontarse ao inesperado (cambios de ámbito, tema, esquema, etc.) e ás interrupcións na comunicación. Detectar e evitar os erros de transferencia máis frecuentes neste par de linguas.

Refalado intralingüístico (ES-ES).
Este módulo proporcionará ós estudantes as ferramentas para poder:
  • Dictar ó programa de recoñecemento de fala dun xeito eficiente para maximizar a precisión
  • Dictar os signos de puntuación axustándose ás regras ortográficas do subtitulado
  • Dividir a atención entre o que se escoita, o que se dicta, a aparición dos subtítulos en pantalla e a posible intervención para a corrección de erros en directo
  • Aprender a segmentar as unidades de refalado- axustar o refalado ás características de diferentes xéneros audiovisuais
  • Avaliar a calidade do refalado mediante o uso do modelo NER.
Interpretación Simultánea de Voz a Texto (EN-ES). Este módulo permitirá ós estudantes adquirir as ferramentas necesarias para combinar as destrezas de interpretación simultánea coas do refalado intralingüístico e, máis concretamente:
  • Dividir a atención entre o idioma que se escoita e o que se dicta, prestando atención á aparición dos subtítulos en pantalla e á posible intervención para a corrección de erros en directo
  • Dictar signos de puntuación no idioma meta en base á escoita do idioma orixe, tendo en conta as diferencias sintácticas entre inglés e español
  • Aprender a segmentar as unidades de refalado tendo en conta as diferencias de lonxitude entre inglés e español
  • Axustar o refalado ás características dos diferentes xéneros audiovisuais tendo en conta as diferencias culturais e lingüísticas entre os dous idiomas, así como as discrepancias de velocidade de dicción
  • Desenvolver a capacidade de editar o discurso orixinal ou reducilo cando a velocidade de dicción orixinal requira dictado máis pausado
  • Avaliar a calidade do refalado interlingüístico mediante o uso do modelo NTR.

Más información

¿Necesitas un coach de formación?

Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.

900 49 49 40

Llamada gratuita. Lunes a Viernes de 9h a 20h.

Especialista en interpretación simultánea de voz a texto

85.500 € IVA inc.