Especialista en interpretación simultánea de voz a texto
Curso
Online
¿Necesitas un coach de formación?
Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.
Descripción
-
Tipología
Curso
-
Nivel
Nivel intermedio
-
Metodología
Online
-
Horas lectivas
200h
-
Duración
Flexible
-
Inicio
Fechas a elegir
-
Campus online
Sí
-
Servicio de consultas
Sí
-
Clases virtuales
Sí
Formar ao alumnado nas técnicas de interpretación simultánea (inglés-español) a nivel especializado, co foco de atención posto no desenvolvemento das destrezas prácticas desta especialidade.
Instalaciones y fechas
Ubicación
Inicio
Inicio
A tener en cuenta
Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en refalado intralingüístico (español-español)
Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (ISVT) (inglés-español).
Todas aquelas persoas interesadas na tradución e interpretación de linguas en xeral, e en particular aquelas interesadas na tradución audiovisual e a provisión de servizos de accesibilidade para persoas con algún tipo de limitación auditiva.
A superación do curso completo dará dereito á obtención dun título propio de ESPECIALISTA expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao (Edificio Filomena Dato, 2º Andar, Campus de Lagoas-Marcosende, Telf.: 986 811 950 / negociado.formacionpermanente@uvigo.es // posgrao@uvigo.es) para a solicitude e pago das taxas correspondentes (123,10 €) non incluídas no prezo da matrícula do curso.
Opiniones
Materias
- Inglés
- Interpretación
- Interpretación simultánea
- Orixes
- Evolución
Temario
Interpretación simultánea.
- A interpretación simultánea: orixes e evolución.
- A interpretación simultánea: definición e características principais.
- A interpretación simultánea para os medios de comunicación: orixe e estudo de dificultades (situacionais, emocionais e técnicas).
- O intérprete para os medios: un novo perfil. Características e análises do papel do público.
- Dificultades en interpretación simultánea. Énfase especial na dificultade que conlevan os acentos e a velocidade de produción.
- Tácticas e estratexias en interpretación simultánea.
- O código deontolóxico do intérprete para os medios: ética, deontología e neutralidade.
- Interpretación da linguaxe política: definición e características fundamentais.
- Como se practica o subtitulado en directo e máis concretamente o refalado intralingüístico en diferentes continentes
- Cales os aspectos máis importantes sobre como funciona o recoñecemento de fala
- Cales son as principales limitaciones e retos do refalado intralingüístico e como superalos
- En que consiste a división de atención no refalado
- Cales son as características principais dos diferentes xéneros audiovisuais que precisan subtítulos refalados
- Cales son os diferentes modelos de avaliación da calidade do refalado e en que consiste o modelo NER
- Como se practica o subtitulado interlingüístico en directo e máis concretamente o refalado interlingüístico en diferentes continentes
- Cales os aspectos máis importantes que hai que ter en conta no uso do recoñecemento de fala con cambio de idioma
- Cales son as principales limitacións e retos do refalado interlingüístico e como superalos
- En que consiste a división de atención no refalado interlingüístico
- Cales son as principais diferencias e semellanzas entre os diferentes xéneros audiovisuais en inglés e español de cara á produción de subtítulos en directo
- Cales son os diferentes modelos de avaliación da calidade do refalado interlingüístico e en que consiste o modelo NTR, adaptación do modelo NER ó refalado interlingüístico.
Interpretación simultánea. Exercitar a capacidade de análise e de síntese. Desenvolver a escoita disociada. Desenvolver a capacidade de concentración. Desenvolver a diversificación da focalización da atención. Mellorar a capacidade oratoria. Xestionar o estrés. Coñecer as características do traballo de intérprete simultáneo para os medios a través de materiais reies. Aprender a analizar e avaliar o propio traballo e traballos alleos. Coñecer as pautas intelectuais e éticas de conduta profesional de tradutores e intérpretes. Aprender a enfrontarse ao inesperado (cambios de ámbito, tema, esquema, etc.) e ás interrupcións na comunicación. Detectar e evitar os erros de transferencia máis frecuentes neste par de linguas.
Refalado intralingüístico (ES-ES). Este módulo proporcionará ós estudantes as ferramentas para poder:
- Dictar ó programa de recoñecemento de fala dun xeito eficiente para maximizar a precisión
- Dictar os signos de puntuación axustándose ás regras ortográficas do subtitulado
- Dividir a atención entre o que se escoita, o que se dicta, a aparición dos subtítulos en pantalla e a posible intervención para a corrección de erros en directo
- Aprender a segmentar as unidades de refalado- axustar o refalado ás características de diferentes xéneros audiovisuais
- Avaliar a calidade do refalado mediante o uso do modelo NER.
- Dividir a atención entre o idioma que se escoita e o que se dicta, prestando atención á aparición dos subtítulos en pantalla e á posible intervención para a corrección de erros en directo
- Dictar signos de puntuación no idioma meta en base á escoita do idioma orixe, tendo en conta as diferencias sintácticas entre inglés e español
- Aprender a segmentar as unidades de refalado tendo en conta as diferencias de lonxitude entre inglés e español
- Axustar o refalado ás características dos diferentes xéneros audiovisuais tendo en conta as diferencias culturais e lingüísticas entre os dous idiomas, así como as discrepancias de velocidade de dicción
- Desenvolver a capacidade de editar o discurso orixinal ou reducilo cando a velocidade de dicción orixinal requira dictado máis pausado
- Avaliar a calidade do refalado interlingüístico mediante o uso do modelo NTR.
¿Necesitas un coach de formación?
Te ayudará a comparar y elegir el mejor curso para ti y a financiar tu matrícula en cómodos plazos.
Especialista en interpretación simultánea de voz a texto