II. Proceso selectivo.II.1. Fase de oposición.
O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo IV desta convocatoria. Para estes efectos, teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente.
II.1.1. Exercicios:
II.1.1.
Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento vinte (120) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta, correspondentes ao contido do programa. Os/as aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos para a realización deste exercicio da parte xeral do programa.
O tempo máximo de duración será de dúas (2) horas.
De conformidade co disposto no artigo 33 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.
Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ao seu remate. No prazo das vinte e catro horas seguintes ao da celebración, farase público no lugar de realización do exercicio o modelo do test, indicando as respostas correctas. Esta información estará dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.
Con posterioridade á realización do exercicio, publicarase na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) o cuestionario en que consistía o exercicio.
As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, e concederase un prazo de dez días para efectos de alegacións.
Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta días desde a constitución do tribunal que xulgue as probas. A data de realización deste exercicio non será anterior ao 1 de marzo de 2008.
O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que este exercicio sexa corrixido sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados. O tribunal excluirá aqueles candidatos en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor.
II.1.2.
Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na resolución dun suposto práctico de desenvolvemento, á elección do aspirante de entre dous propostos polo tribunal, e relacionados coas materias correspondentes ao contido do programa no que se refire aos temas específicos de cada escala, procurando a debida proporción entre as distintas partes do programa.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de tres (3) horas.
Para realizar este exercicio os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros...